Os cuartos de final da Copa do Rei de Balonmán enfrontarán ao Octavio co Ademar Valladolid o 7 de abril nas Travesas

mércores, 9 feb 2011

O sorteo dos cuartos de final da XXXVI Copa do Rei de Balonmán que se celebrou hoxe emparellou ao Octavio Pilotes Posada co Cautro Rayas Valladolid. O enfrontamento será o xoves, 7 de abril ás 21 horas no pavillón das Travesas. Os demáis emparellamentos son F.C. Barcelona Borges-Reale Ademar León, o CAI BM Aragón-Fraikin BM Granollers, e Amaya Sport San Antonio-Renovalia Ciudad Real. No acto, o tenente de alcalde, Santi Domínguez, agradeceu "a confianza por ter elixido Vigo" para celebrar este campionato, que se desenvolverá do 6 ao 10 de abril.

Un centro de persoas participan en Vigo na xornada sobre o novo Plan de Actividade Física e Deporte

venres, 28 xan 2011

Ao redor dun cento de participantes asistiron na mañá de hoxe no Centro Social Novacaixagalicia á inauguración da xornada técnica Deporte e Municipio da FEMP sobre o novo Plan de Actividade Física e Deporte que por vez primeira presentouse a debate no sector. No acto o alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou que esta "é unha cidade moi envorcada co deporte, que é un dos piares centrais de Vigo" e o tenente de alcalde, Santi Domínguez, animou a relatores e asistentes "a reflexionar e profundar sobre o deporte" e fixo votos para que "Vigo continúe sendo un referente como cidade de deporte".

Santi Domínguez salienta o papel da Copa do Mundo de Hípica na promoción de Vigo e insta a manter o evento na cidade

venres, 28 xan 2011

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, participou este venres na presentación da décima edición da Copa do Mundo de Hípica, que terá lugar os días 11, 12 e 13 de febreiro no Ifevi. Na súa intervención, o nacionalista salientou a importancia deste evento na promoción da cidade, así como o seu retorno económico, polo que asegurou que "debemos empeñarnos en que non desapareza este evento da cidade".

Xabier Alonso anuncia que máis de 150 asistentes participarán o venres na xornada "Deporte e municipio"

mércores, 26 xan 2011

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou este mércores a xornada técnica "Plan Integral para a actividade física e o deporte: Deporte e municipio", que se celebrará o vindeiro venres, 28 de xaneiro, de 9 a 19 horas no centro social de Novacaixagalicia. O nacionalista destacou que o Consejo Superior de Deportes e a Federación Española de Municipios e Provincias, organizadores da xornada, farán que Vigo volva a ser "centro de reflexión e análise no eido deportivo", como xa foi o ano pasado co Forum FISU.

O concelleiro de Deportes felicita aos medallistas vigueses no Campionato de España de clubs de Taekwondo

mércores, 26 xan 2011

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, expresou os seus parabéns aos deportistas dos clubs vigueses Tao e Yidam, medallistas no Campionato de España de clubs de Taekwondo. En exhibición, categoría sénior, o Tao foi ouro, e un equipo formado por deportistas do Tao e do Yidam lograron o bronce. En exhibición, na categoría infantil, o club Tao tamén acadou a medalla de bronce.

Xabier Alonso anuncia que as bolsas VIDE manterán a discriminación positiva para as mulleres deportistas

luns, 24 xan 2011

O concelleiro de Deportes e presidente da Fundación Vigo en Deporte, Xabier Alonso, presentou hoxe a novena convocatoria das bolsas VIDE para deportistas individuais, que estará aberta do 1 ao 28 de febreiro. O nacionalista destacou que "cada ano son máis os e as deportistas que solicitan esta axuda, para atender ás súas necesidades de adestramentos. Na Concellería de Deportes subimos cada ano as axudas aos clubs, pero non hai unha partida específica para deportistas de modalidades individuais, o que VIDE cobre co seu apoio".

Xabier Alonso anuncia que a Liga de Fútbol Indoor comezará o vindeiro venres co derbi entre Celta e Deportivo

luns, 10 xan 2011

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou este luns a Liga de Fútbol Indoor, que comezará o vindeiro venres 14 de xaneiro no pavillón das Travesas, ás 20.30 horas, co derbi entre o Celta e o Deportivo. O nacionalista salientou o "alto nivel deportido que haberá no partido", que contará con dúas plantillas de futbolistas veteranos dos dous equipos galegos.

Xabier Alonso anima a participar na carreira solidaria e non competitiva San Silvestre que terá lugar o día 31 en Castrelos

martes, 28 dec 2010

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, animou aos vigueses e viguesas a participar na sexta edición da "carreira popular e non competitiva" San Silvestre, que se celebrará o vindeiro 31 de decembro no parque de Castrelos a partir das 17 horas. O nacionalista destacou que a proba "combina deporte e solidariedade", xa que as persoas que queiran participar deberán doar alimentos non perecedoiros a modo de inscrición que serán entregados ao Banco de Alimentos.