Escoitar

O concelleiro de Deportes felicita aos medallistas vigueses no Campionato de España de clubs de Taekwondo

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, expresou os seus parabéns aos deportistas dos clubs vigueses Tao e Yidam, medallistas no Campionato de España de clubs de Taekwondo. En exhibición, categoría sénior, o Tao foi ouro, e un equipo formado por deportistas do Tao e do Yidam lograron o bronce. En exhibición, na categoría infantil, o club Tao tamén acadou a medalla de bronce.

mércores, 26 xan 2011
1296049677taekwondo.JPG
"Como concelleiro de Deportes quería felicitarvos e transmitirvos que sigades traballando tan ben", manifestou Xabier Alonso, ademais de expresar o seu orgullo polos éxitos acadados. O nacionalista avanzou que, sempre que as posibilidades económicas o permitan, Vigo contará con eventos deportivos de Taekwondo "porque agora todo o mundo quere vir a Vigo".

O nacionalista afirmou que a nosa cidade está obtendo moitos recoñecementos deportivos, pero para continuar nesta liña é preciso que "ter xente que practique deporte". Segundo Xabier Alonso, precisamente estes dous aspectos son os obxectivos fundamentais da Concellería de Deportes. Finalmente, fixo entrega dun agasallo institucional, o libro "Vigo, a cidade das ondas", do xornalista Eduardo Rolland e o fotógrafo Javier Teniente, aos representantes dos clubs Tao e Yidam.
Descargar todas as imaxes