Escoitar

Xabier Alonso anuncia que máis de 150 asistentes participarán o venres na xornada "Deporte e municipio"

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou este mércores a xornada técnica "Plan Integral para a actividade física e o deporte: Deporte e municipio", que se celebrará o vindeiro venres, 28 de xaneiro, de 9 a 19 horas no centro social de Novacaixagalicia. O nacionalista destacou que o Consejo Superior de Deportes e a Federación Española de Municipios e Provincias, organizadores da xornada, farán que Vigo volva a ser "centro de reflexión e análise no eido deportivo", como xa foi o ano pasado co Forum FISU.

mércores, 26 xan 2011
1296049646Xornadas.JPG
"O Plan integral para a actividad física e o deporte é un instrumento para garantir a práctica deportiva e a mellora da calidade de vida da cidanía", destacou o concelleiro de Deportes. Xabier Alonso asegurou que esta xornada, na que xa están confirmados máis de 150 participantes, é unha actividade "interesante e moi positiva para a sociedade".

O obxectivo fundamental desta xornada promovida polo Consejo Superior de Deportes e a Federación Española de Municipios e Provincias consiste en dar a coñecer o contido do "Plan integral para a actividade fisica e o deporte" e impulsar o debate e a reflexión sobre o mesmo. Para elo, ao longo do día presentaranse diversos proxectos e medidas que poden ser levadas a cabo, tanto polas entidades públicas responsables del deporte como polos axentes deportivos do sector privado.

A ponencia inaugural da xornada, "Elaboración, desenvolvemento e posta en marcah do Plan A+D" será ás 9,15 horas e correrá a cargo de Albert Soler, director xeral de deportes do CSD. Ás 9.50 horas o coordinador de proxectos da subdirección xeral de Deporte e Saúde do CSD, Enrique Lizalde, falará de "Actividade física, deporte e saúde". Ás 10.10 horas, o xefe de servizo de Deporte Escolar do CSD, Tomás Vallés, falará de "Actividade física e deporte en idade escolar". Ás 10.30 horas está previsto o debate sobre as comunicacións presentadas.

Ás 11.20 horas continuará presentación de comunicacións e proxectos, a cargo do xerente de servizos e deportes da Deputación de Barcelona, Jordi Cavero, que presentará unha iniciativa deportiva destinada á terceira idade. Continuará ás 11.40 horas a presentación dun proxecto sobre pavillóns multiusos sostibles, a cargo do arquitecto do Estudio Naos, Santiago González. As ponentes Mercedes Llano, da coordinación xeral do Plan A+D, e María Blasco, técnica de Deporte Paralímpico falarán ás 12 horas de "Actividade física, deporte e discapacidade". Ás 12.20 horas, Marta Carranza, subdirectora xeral de Promoción Deportiva e Deporte Paralímpico del CSD disertará sobre "Actividade física, deporte e universidade". Ás 12.40 horas, o coordinador de proyectos da Subdirección Xeral de Deporte e Saúde do CSD, Enrique Lizalde, falará de "Deporte no ámbito local".

Ás 13 horas está previsto o debate sobre estes temas e xa ás 16.30 horas comezará a xornada de tarde coa presentación da comunicación "Actividade física, deporte e inclusión social", a cargo de Marta Carranza. Ás 12.50 horas as ponentes Mercedes Llano e Isabel Arsuaga, xestora da área de Actividade Física, Deporte e Persoas Maiores do Plan A+D falarán de "Actividade física e deporte e persoas maiores". Ás 17.40 horas terá lugar a última presentación prevista, a cargo da directora de Programas Muller e Deporte do CSD, Silvia Ferro, que falará de "Actividade física, deporte e muller". Posteriormente, debatirase sobre as comunicacións presentadas pola tarde e ás 19 horas rematará a xornada de traballo.

Segundo afirmou o concelleiro de Deportes, estes elementos de reflexión servirán para levar adiante prácticas deportivas saudabeis. "Agardamos que as conclusións das xornadas se poidan aplicar en Vigo", manifestou Xabier Alonso.
Descargar todas as imaxes