Santi Domínguez salienta que o IFEVI acolla eventos como Galiexpo Motor Show en época de crise
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, participou este venres na inauguración da sexta edición de Galiexpo Motor Show, que se celebrará ata o vindeiro domingo, 16 de xaneiro, no IFEVI. Na súa intervención, o nacionalista destacou a importancia de que o recinto feiral de Vigo acolla un evento de repercusión internacional.
"Ver que eventos deste tipo se seguen celebrando en Vigo é moi satisfactorio, sobre todo tendo en conta que caen doutras cidades con moita potencialidade", manifestou o tenente de alcalde no acto, no que tamén participou a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso.
Santi Domínguez agradeceu o esforzo de Joaquín Portabales para organizar o evento "e ser emprendedor". Afirmou que Vigo é unha cidade "da imaxinación e a fantasía, pero tamén do risco", polo que animou á cidadanía a "botar unha man" e achegarse ao IFEVI e gozar coa oferta de Galiexpo.
Lembrou a grande afección que hai en Vigo e a súa área polo mundo do motor e considerou que Galiexpo é unha "boa oportunidade" para contemplar varios coches clásicos ou ver novidades como a moto eléctrica ou exhibicións de equipos internacionais de freestyle e trial indoor.
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, expresou os seus parabéns ao responsable da organización, Joaquín Portabales, e afirmou que a celebración de Galiexpo é posible tamén grazas á colaboración institucional. Neste sentido, agradeceulle a Santi Domínguez o apoio da Tenencia de Alcaldía.
Joaquín Portabales agradeceu a Santi Domínguez e a Lucía Molares o seu apoio e animou aos afeccionados e afeccionadas a visitar ao salón. Lembrou que o prezo das entradas é de 5 euros. Hoxe venres pode visitarse ata as 20 horas, mañá sábado o horario é de 10 a 21 horas e o domingo de 10 a 20 horas. Pódese consultar a información na web www.galiexpo.net.
Descargar todas as imaxes