O sábado comezan as visitas guiadas aos edificios emblemáticos de García Barbón e Policarpo Sanz
Cerca dunha vintena de inmobles serán obxecto desta visita, que estará guiada polo historiador José Ramón Iglesias Veiga. As persoas interesadas en facer o percorrido poden inscribirse chamando ao 010
A primeira das visitas guiadas polas xoias arquitectónicas das rúas Policarpo Sanz e García Barbón iniciarase este sábado 15 de xaneiro perante o edificio Odriozola, actual se da Axencia Europea de Pesca. Ao longo de hora e cuarto o doutor en Historia da Arte, José Ramón Iglesias Veiga, irá analizando a pe de rúa as fachadas dos edificios máis emblemáticos de ambas rúas, seguindo comoo fío condutor os distintos estilos arquitectónicos que nelas se reflexa.
Desde o eclecticismo inicial de Domingo Rodríguez Sesmero (1870) ata a arquitectura de postguerra de Blein Zarazaga, Romero y Comingues (1950), pasando polo Racionalismo - Art-Déco de Castro Represas ou Romualdo de Madariaga e o Historicismo Neomedieval do prolífico Michel Pacewicz. Cerca dunha vintena de edificios serán obxecto desta visita.
As persoas interesadas en participar nas mesmas poden rexistrarse chamando ao 010 e o límite dos grupos está entre as 40 e as 45 persoas. A idea destas visitas é que todos os cidadáns que o desexen poidan descubrir os edificios singulares de ambas rúas.
Descargar todas as imaxes