Escoitar

O alcalde afirma que auga de Vigo é apta para o consumo

Abel Caballero ratificou novamente que a análise microbiolóxica é negativa, que a auga está clorada e que polo tanto o seu consumo non supón risco algún para a saúde. O rexedor socialista lembrou, en todo caso, que o encargado de medir os niveis de potabilidade da auga é a consellería de Sanidade

mércores, 12 xan 2011
Segundo confirman as analíticas realizadas pola Xunta de Galicia a auga de Vigo é apta para o consumo, non rexistra crecemento bacteriano e non supón un risco para a saúde. Así o reiterou o alcalde de Vigo quen destacou, ademais, que a actuación da consellería de Sanidade neste asunto foi "perfecta" e que o laboratorio municipal tamén está a realizar as súas propias analíticas cos mesmos resultados.

Tras realizar a mostraxe en 13 puntos da cidade as analíticas municipais confirman que segue a existir turbidez nalgunhas zonas da cidade, "que se mantén equilibrada" e que está xerada polos arrastres no terreo debido as precipitacións dos últimos días.