Escoitar

Álex Vázquez chea de luz e sensibilidade os espazos da Alcaldía

Abel Caballero presidiu este luns a apertura da mostra pictórica do artista vigués dentro da convocatoria de Mostrarte pola que estas dependencias municipais serven de punto de encontro as obras de diferentes artistas plásticos vinculados á cidade.

martes, 11 xan 2011
1294765813expodos.JPG
O rexedor destacou na presentación da mostra a sensibilidade do artista vigués como punto de partida a un percorrido que, segundo explicou, non deixará indiferente a ninguén. Alex Vázquez naceu no seno de una familia relevante no panorama artístico galego onde, desde unha idade temperá, amosou claras aptitudes cara ao mundo da arte. Os cadros expostos na Alcaldía teñen temática variada, desde o mar ata a industria naval, pasando polos xogos de luces e sombras, polas camelias, polas paisaxes...


Cunha ampla traxectoria as súas costas o seu talento foi quen de abrirlle as portas de moi diversas galerías e centros de prestixio en España e Portugal, onde a súa obra exponse con regularidade. Vázquez Palacios traza a súa traxectoria pictórica partindo do realismo dos seus comezos e pasando por etapas coma a da figura, o retrato, a paisaxe urbana ata o informalismo das creacións actuais.

Na inauguración o vigués estivo arroupado por un nutrido grupo de xente da cultura e tanto os presentes na exposición coma outros artistas de recoñecido prestixio coinciden en que Álex Vázquez é o pintor do sentimento, das evocacións, das nostalxias, cun trazo preciso e expresivo e cunha obra feita desde a sinceridade, desde a alma.
Descargar todas as imaxes