Escoitar

A Xunta de Goberno autoriza humanizacións por valor de 7,5 millóns de euros

Abel Caballero explicou que se trata dun conxunto de actuacións de grande envergadura, tanto pola súa transcendencia inversora como pola súa capacidade de xerar emprego. O rexedor avanzou que as obras comezarán a semana próxima e que terán unha duración aproximada de entre 3 e 4 meses.

martes, 11 xan 2011
1294754665ruedaprensa5.jpg
O alcalde de Vigo informou neste martes que a Xunta de Goberno Local deu o visto e prace aos plans de seguridade e saúde e de dirección de obras as humanizacións das rúas Vázquez Varela, Oporto, Cangas, Salvaterra, Asturias, Mestre Montes, Aragón, Couto de San Honorato, San Roque, Fragoso- Eugenio Kraft, Martínez Garrido e Ramón Nieto.

Segundo apuntou trátase dun conxunto de actuacións que dan cobertura a zoas coma o barrio de Ribadavia, A Doblada, Balañidos, Lavadores, Coia e o centro poñendo de manifesto que "se aplican as mesmas políticas no centro de Vigo que na periferia"

Abel Caballero subliñou que entre finais de abril e principios de maio as obras estarán xa rematadas e que todas elas responden ao obxectivo de xerar emprego e mellorar a cidade. Así fixo referencia a que nos últimos días as humanizacións permitiron que a cidade non rexistrara inundacións a pesar das fortes choivas.
Descargar todas as imaxes