Escoitar

Unha visita guiada permitirá descubrir os edificios singulares de Policarpo Sanz e García Barbón

O alcalde avanza que terá lugar o 15 de xaneiro para que todos os cidadáns que o desexen poidan visitar estas xoias arquitectónicas acompañados, neste caso, do doutor en Historia da Arte José Ramón Iglesias Veiga. Para poder acceder a esta visita é imprescindible chamar ao 010 xa que os grupos estarán limitados a 40-45 persoas.

martes, 11 xan 2011
1294754866agencia.jpg
A visita guiada iniciarase ante o edificio Odriozola, actual sede da Axencia Europea de Pesca. Ao longo de hora e cuarto o doutor Iglesias Veiga irá analizando a pé de rúa as fachadas dos edificios máis emblemáticos de Policarpo Sanz e García Barbón, seguindo como fío condutor os distintos estilos arquitectónicos reflectidos nelas.

Desde o eclecticismo inicial de Domingo Rodríguez Sesmero (1870) ata a arquitectura de posguerra de Blein Zarazaga, Romero e Comingues (1950), pasando polo Racionalismo - Art-Déco de Castro Represas ou Romualdo de Madariaga e o Historicismo Neomedieval do prolífico Michel Pacewicz. Preto dunha vintena de edificios serán obxecto da visita.
Descargar todas as imaxes