Escoitar

Caballero presenta o Plan de Turismo da Mancomunidade coma un dos máis importantes en cooperación turística

O rexedor destacou o posicionamento do sector turístico como o primeiro xerador de emprego, riqueza e valor engadido na mancomunidade de Vigo. O rexedor confía en que grazas a este plan estratéxico toda a área intermunicipal convértase nun único destino turístico de excelencia a potenciar "entre todos"

martes, 11 xan 2011
O alcalde e presidente da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo (MAIV), Abel Caballero, presentou o Plan Estratéxico de Turismo na mañá deste martes no Centro Social Novacaixagalicia de Vigo ante Delfín Fernández, Subdelegado do Goberno en Pontevedra, alcaldes dos diferentes municipios que integran a Mancomunidade e representantes de diferentes ámbitos sociais, culturais e económicos desta área.

Segundo explicou o desenvolvemento do turismo na área mancomunada e o aproveitamento das sinerxías que xeran atractivo turístico dos concellos que a conforman é un obxectivo fundamental para a consolidación do territorio como motor económico de Galicia. Para acadar un turismo de calidade a Mancomunidade pon en marcha este Plan Estratéxico de Turismo, un estudo dun importante valor engadido que nace da colaboración entre institucións públicas e axentes económicos e empresariais, especialmente do sector turístico. O plan está orientado a optimizar a xestión turística no territorio da Mancomunidade con criterios de sostenibilidade e promovendo a diferenciación e especialización turística da área.

As liñas estratéxicas deste Plan susténtanse sobre tres eixes fundamentais: a mellora de produtos, a xestión do destino turístico e o marketing. Especial atención cobra a conservación do contorno, a potenciación de trazos da identidade local e unha maior atención á náutica e o turismo de cruceiros. Unha vez establecidos os tres eixes principais deste estudo, fíxanse obxectivos específicos para cada un deles así como as actuacións a levar a cabo para acadar estes obxectivos.


O estudo detecta a necesidade da busca na diferenciación de novos produtos turísticos e a renovación dos tradicionais ou envellecidos. A renovación do produto "sol e praia", o fomento do turismo rural, e a aposta polos deportes náuticos son algunhas das accións contempladas no plan estratéxico. Nesta liña, proponse tamén a complementariedade entre produtos: venta cruzada e acadar a desestacionalización e a maior capacidade do destino.


O Plan Estratéxico reflicte que é fundamental a cooperación e planificación entre axentes privados, público-privado e das Administracións entre si. Do mesmo xeito, urxe unha modernización das estruturas profesionais e dos equipamentos físicos así como a incorporación das TIC´s na xestión do destino turístico. Cómpre unha maior modernización e innovación, polo que o plan propón xornadas de formación en idiomas, xestión empresarial e ferramentas electrónicas entre outros.

Marketing
Neste eido o estudo contempla a necesidade de mellorar a calidade informativa e a eficacia
promocional interna, incorporar novas fórmulas de comunicación e promoción, acadar o
aliñamento estratéxico de destinos e marcas e conseguir novas fórmulas de comercialización. O emprego das ferramentas 2.0 e o posicionamento da web Terras Atlánticas son algunhas das principais apostas.

A Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo está composta polos municipios de Baiona,
Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior e Vigo.