Santi Domínguez afirma que as obras do complexo de locais de ensaio "van a bo ritmo" e anuncia que rematarán en marzo
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, amosou este martes a súa satisfacción porque as obras de construción do complexo de locais de ensaio de Vigo "van a bo ritmo". Na visita que realizou á infraestrutura, xunto á concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, e o edil de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, o nacionalista anunciou que as obras rematarán en marzo, posta que está en execución a "última fase".
Santi Domínguez lembrou que este complexo de locais de ensaio, "o máis importante de Galiza", dá continuidade a un proxecto que iniciou a súa andaina no ano 2000, cando era concelleiro de Xuventude e abriu o primeiro local de ensaio da cidade. "Coa chegada do anterior goberno da Xunta e de Iolanda Veloso á Concellería de Xuventude tiñamos claro que esta tiña que ser unha prioridade", asegurou.
O tenente de alcalde afirmou que a construción do novo complexo musical, ubicado no Parque Tecnolóxico de Valadares, dá resposta a unha vella demanda da mocidade viguesa e é froito da tradición musical de Vigo. Neste sentido, defendeu que dende a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Xuventude "temos claro que hai que facer políticas para a mocidade tendo en conta as súas demandas".
O nacionalista explicou que a infraestrutura inclúe 9 salas de ensaio de diferente tamaño, 2 delas de gravación. "Non escatimaremos as máis modernas tecnoloxías para que os mozos e mozas teñan ao seu dispor as mellores instalacións", manifestou. No tocante ao investimento, indicou que ascende a 1.800.000 euros, en virtude dun convenio de colaboración asinado co anterior goberno da Xunta, "que fará posible que no mes de marzo esta infraestrutura sexa realidade", comentou.
A concelleira de Xuventude indicou que tras o remate da estrutura e da colocación dos sistemas acústicos e o acondicionamento das salas, está en execución a última fase do complexo, coa colocación dos acabados. Esta fase consiste na instalación das capas de revestimento definitivo en teitos, solo e paredes. Sinalou que a obra propiamente dita rematará coa urbanización exterior e a colocación das luminarias no interior.
"Este novo complexo estará a disposición de mozas e mozos de entre 12 e 30 anos relacionados ou interesados en actividades musicais", salientou Iolanda Veloso. Indicou que arredor de 2.000 mozos e mozas afeccionados á música serán os beneficiarios directos desta nova instalación.
Descargar todas as imaxes