Escoitar

O orzamento do Eixo Atlántico para 2011 acada os 4 millóns de euros, dos que o 88% proveñen de recursos externos

O presidente da comisión executiva do Eixo Atlántico, Abel Caballero, destacou que o orzamento aumenta en medio millón de euros e que o groso destas contas xéranse coa captación de fondos da comunidade europea, do ámbito autonómico e de empresas privadas. As Cámaras e Concellos que forman parte do Eixo Atlántico aportan so o 12% dos fondos

mércores, 12 xan 2011
1294850585EJECUTIVA.JPG
A Comisión Executiva do Eixo Atlántico, reunida neste mércores, aprobou levar a Asemblea Xeral da Entidade, que se celebrará o próximo mes de febreiro en Santiago, un orzamento para este ano 2011 que ascende aos 3,95 millóns de euros. Desta cantidade, só 532.000 euros, o 12%, proveñen das cotas que aportan os 38 concellos, galegos e portugueses, que a integran, reducíndose, neste exercicio, a porcentaxe en dous puntos (do 14 ao 12%).

O groso do orzamento da entidade transfronteirizas xérase con recursos externos captados en proxectos europeos, convenios con a Xunta de Galicia e acordos con entidades privadas. Neste sentido, a Comisión Executiva coñeceu os catro novos proxectos europeos aprobados para este exercicio, que se suman aos 6 que se executan dende o pasado ano.

O presidente da Comisión Executiva, Abel Caballero, explicou que a comisión deu o visto bo á unha proposta de programa que tratará a arquitectura estratéxica das cidades do Eixo – con foros de transporte, innovación, o estudio das cidades do século XXI e automóbil eléctrico- a visibilidade e presencia europea e o desenvolvemento da la cooperación.

Pola súa banda o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoan Vázquez Mao, indicou que xa foron aprobadas catro candidaturas de fondos europeos e que na actualidade se están a xestionar un total de 10 candidaturas europeas o que supón un motivo de "gran satisfacción"

Os proxectos europeos que implican máis investimento se destinan as áreas de desenvolvemento sustentable, sociedade da información, innovación e cultura, deportes e turismo.

Entre as actuación principais previstas para o ano, destacan tres liñas estratéxicas que promove a Comisión Europea no documento estratéxico Europa 2020, e que son determinantes para preparar cidades competitivas para a saída da crise:
1.- Innovación
2.- Desenvolvemento sostible
3.- Eficiencia enerxética
Descargar todas as imaxes