Santi Domínguez anuncia no Calvario que nun mes abrirá a nova convocatoria de axudas ao pequeno comercio
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, comezou este xoves no Calvario unha nova rolda de visitas ás zonas comerciais de Vigo. No percorrido que hoxe realizou por diversos establecementos desta zona, o nacionalista defendeu a necesidade de seguir apoiando o pequeno e mediano comercio da cidade e anunciou que a principios de febreiro abrirá unha nova convocatoria de axudas a este sector.
Santi Domínguez explicou que a visita ás zonas comerciais de Vigo ten por obxectivo "recabar información" sobre a repercusión das subvencións e escoitar as suxestións que os e as comerciantes queiran plantexar. "Quero escoitar de viva voz cales son as súas inquedanzas", afirmou na visita, na que tamén participaron a concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso e o edil de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, así como a presidenta da Federación de Comercio, Encarna Álvarez.
Para o tenente de alcalde, é fundamental o apoio a este sector que en Vigo "dá traballo a máis de 16.000 persoas", lembrou. "Temos un obxectivo claro de traballar a prol do mantemento do emprego, tal e como está a ser un eixo fundamental para a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Comercio", asegurou Santi Domínguez. Neste sentido destacou que en 2009 e 2010 repartíronse 1.200.000 euros entre 2.603 comercios da cidade, para paliar os efectos da crise económica e as dificultades por mor das obras.
O tenente de alcalde explicou que entre outros temas abordados cos comerciantes, comentaron que as grandes áreas comerciais teñen "resortes de apoio suficientes". Ao respecto, Santi Domínguez defendeu que que dende as administracións públicas, "nomeadamente as gobernadas polo BNG", dende apoiar o pequno e mediano comerico.
Preguntado pola situación do sector na cidade, o nacionalista indicou que segundo os datos facilitados pola Cámara de Comercio de Vigo, ao longo de 2010 rexistráronse "4 veces máis" altas de establecemento que baixas. O tenente de alcalde sinalou que pese a que a crise persiste, tamén hai outros datos positivos. "Temos noticias de novos autónomos que se animan a formar novas empresas relacionadas coa tecnoloxía", engadiu.
Descargar todas as imaxes