Caballero confirma que Mercadona prevé ampliar "moi significativamente" a súa presenza en Vigo
O alcalde reuníuse este venres coa responsable da zona norte de España desta cadena de supermercados, Patricia Cortizas, quen lle confirmou que a empresa prevé triplicar a súa presenza na cidade. Actualmente Mercadona conta con dous establecementos en Vigo, na rúa Aragón e no Mercado das Travesas, este último, o centro con máis ventas de Galicia. Caballero amosou o seu "agrado" polos plans da entidade, que ratifican que "Vigo é unha gran oportunidade comercial de presente e futuro"
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este venres que a empresa Mercadona prevé ampliar "moi significativamente" a súa presenza na cidade, onde xa conta con dous establecementos.
Tras unha reunión coa responsable de expansión na zona norte de España, Patricia Cortizas, Abel Caballero explicou que a compañía pensa en abrir "seis, oito ou nove" novos espazos adicionais aos dous que xa operan, un na rúa Aragón e outro no Mercado das Travesas. Precisamente este último é o centro galego de maior ventas, pese a non ser o de maior tamaño da comunidade.
O alcalde garantiu "toda a cooperación" do Concello na procura de novos espazos para a entidade, sempre dentro da legalidade urbanística, e amosou o seu "agrado" ante os plans de expansión da cadena, que amosan que "Vigo é unha gran oportunidade comercial de presente e de futuro".
Descargar todas as imaxes