Iolanda Veloso anima á mocidade a participar nun concurso para crear as personaxes dun videoxogo sobre Vigo
A concelleira de Xuventude e Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, presentou este venres unha nova iniciativa destinada á mocidade que consiste nun concurso para crear as personaxes dun videoxogo sobre Vigo. Segundo destacou a concelleira nacionalista, esta proposta ten o obxectivo de "coñecer moitos feitos importantes da historia de Vigo, do noso patrimonio e da nosa lingua".
"Trátase dun proxecto novidoso que nos ten moi ilusionados, porque é o primeiro videoxogo en galego", subliñou Iolanda Veloso na presentación, na que tamén participou Carlos Álvarez, en representación de Desoños, creadora do videoxogo. A concelleira de Xuventude explicou que nesta "aventura gráfica" poderán participar estudantes de 2º e 3º ciclo de Primaria dos centros de ensino de Vigo.
Os rapaces e rapazas participantes poderán crear catro dos seis personaxes protagonistas do videoxogo a través das láminas que se repartirán nos centros educativos ou que poderán baixar a partir do vindeiro domingo da páxina www.viaxeascovasdofolon.com. Haberá dúas categorías, unha por cada ciclo formativo, de forma que en cada categoría haberá dous premios, mellor personaxe feminino e mellor personaxe masculino.
Iolanda Veloso indicou que para participar no concurso é preciso incribirse en www.viaxeascovasdofolon.com e posteriormente entregar a lámina no respectivo colexio, ou no Servizo de Normalización Lingüística do Concello, na Casa da Xuventude, no Punto Xove, nos Centros Cívicos, na Biblioteca Central e nas ludotecas. A data límite para entregala é o 20 de febreiro e o resultado do concurso darase a coñecer o 11 de marzo. Finalmente, a entrega de premios está prevista para o día 26 de marzo.
Respecto aos premios, a concelleira de Xuventude explicou que cada un dos gañadores ou gañadoras recibirá unha Nintendo WII, ou o mesmo valor en xogos ou accesorios para a WII, e poderán gozar dunha visita á empresa Continental Games ou Alia 3D, onde poderán ver como se fai un videoxogo.
O representante de Desonhos, destacou que o videoxogo consiste nun "viaxe no tempo" que parte das Covas do Folón, ubicadas en Coruxo, e percorre distintas partes da cidade de Vigo en diferentes épocas. "Permite un achegamento a historia ou a lingua dun xeito novidoso", asegurou.
Descargar todas as imaxes