O alcalde e o director xeral de Acuanorte datan para marzo a presentación das ofertas e para xullo a adxudicación da nova depuradora de Vigo
Abel Caballero cualificou de "moi boa nova para esta cidade" que Martín Fragueiro sexa o novo director xeral de Acuanorte, resultante da fusión de Aguas del Duero e Aguas de la Cuenca del Norte, entidade encargada da nova depuradora de Vigo, dependente do Ministerio de Medioambiente. Tras a reunión deste venres, o alcalde confirmou para o 28 de marzo a data límite de presentación de ofertas e para xullo a adxudicación da obra de maior importe licitada nunca en Vigo, con 238 millóns de euros de investimento.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que o 28 de marzo é a data límite de presentación de ofertas para a construcción da nova depuradora de Vigo, que será adxudicada no mes de xullo.
Abel Caballero entrevistouse este venres co novo director xeral de Acuanorte, Juan Carlos Martín Fragueiro, firma resultante da fusión de Aguas del Duero e Aguas de la Cuenca del Norte e entidade responsable da nova estación depuradora de augas residuais da cidade. O rexedor definiu de "moi boa nova para esta cidade" o nomeamento de Fragueiro para o cargo, ao ser veciño de Vigo.
Segundo explicou o primeiro edil, a presentación de ofertas pecharase o 28 de marzo e, tras o seu estudo, será adxudicada no mes de xullo a planta, por valor de 238 millóns de euros, a obra de maior cuantía xamais licitada en Vigo.
O alcalde recordou que o Concello xa efectuou o primeiro pago, próximo aos 2 millóns de euros, correspondentes á expropiación dos terreos, que terá continuidade en próximas anualidades a través dos orzamentos municipais e segundo establece o convenio asinado. Caballero indicou que os dous únicos "axentes activos" nesta obra son o Concello de Vigo e o Goberno de España, pois o Ministerio de Medioambiente financia actualmente a parte económica correspondente á Xunta de Galicia.
Descargar todas as imaxes