Santi Domínguez salienta o papel da Copa do Mundo de Hípica na promoción de Vigo e insta a manter o evento na cidade
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, participou este venres na presentación da décima edición da Copa do Mundo de Hípica, que terá lugar os días 11, 12 e 13 de febreiro no Ifevi. Na súa intervención, o nacionalista salientou a importancia deste evento na promoción da cidade, así como o seu retorno económico, polo que asegurou que "debemos empeñarnos en que non desapareza este evento da cidade".
Lembrando as súa propias palabras na presentación da edición anterior, o tenente de alcalde comentou que a Copa do Mundo de Hípica, neste décimo aniversario, é "Como un neno guapo, sano e con boas notas, máis non se lle pode pedir". Porén, engadiu que tamén é como unha boa persoa, "porque chega aos dez anos contentando a todos e todas". Santi Domínguez destacou que é un logro que o evento, que reúne en Vigo as figuras da hípica máis relevantes do momento, sexa capaz de "concitar a unanimidade de todas as administracións, independentemente da cor política"
Na décima edición da Copa do Mundo de Hípica confirmaron xa a súa participación 17 países, como Alemaña, Austria, Australia, Bélxica, Brasil, Colombia, Francia, Gran Bretaña, e Italia, entre outros. Aínda que a listaxe definitiva de participantes non se saberá ata o 28 de xaneiro, día no que se pecha o prazo de inscrición, están convidados a participar os xinetes top ten do rankin Rolex, o francés Kevin Staut, os alemáns, Marcus Ehning e Marco Kutscher, os suizos Pius Schwizer e Steve Guerdat, o sueco Rolf-Göran Bengtsson, os irlandeses Denis Lynch e Billy Twomey, a australiana Edwina Alexander, a francesa Penelope Leprevost.
Entre os xinetes galegos destaca a participación de Manuel Añón, que debutou na pasada edición con bos resultados, así como a amazona Marta Ortega. Ademais, Cayetano Martínez de Irujo e Athina Onassis tamén confirmaron a súa asistencia. Ademais das probas da Copa do Mundo, tamén haberá probas especiais diarias para os xinetes que non poden acceder á Copa, co obxectivo de ofrecer aos xinetes locais a posibilidade de participar nun evento destas características.
"Ademais, é un neno que foi capaz de ilusionar aos nenos e nenas da cidade e de concitar a admiración dos vigueses e viguesas", engadiu o tenente de alcalde. "Creo que entre todos fixémolo ben para que hoxe sexa un orgullo presentar esta Copa do Mundo de Hípica", asegurou. Paralelamente ao espectáculo deportivo, celebraranse unha serie de espectáculos que complementan a oferta. Entre eles destacan os pony games, o Gran National de ponis e o show do francés Lorenzo, que estrenará en Vigo seu novo espectáculo con doce cabalos en liberdade.
O tenente de alcalde participou na presentación da Copa do Mundo de Hípica xunto ao concelleiro de Deportes, Xabier Alonso; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; á delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares; á vicepresidenta do comité organizador, Rosario Andrade, e o presidente da Federación Galega de Hípica, Carlos Domínguez.
Descargar todas as imaxes