Caballero asiste á apertura da mostra da viguesa Loreto Martínez no MARCO, que abre o ciclo "Entrar na Obra"
O alcalde de Vigo participou este venres na inauguración da mostra da artista viguesa no Museo de Arte Contemporánea de Vigo, onde permañecerá ata próximo 27 de marzo cunha exposición coa que o MARCO abre o ciclo "Entrar na Obra". Este programa procura a participación do espectador mediante a súa reacción ao visionado das obras.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este venres na apertura da mostra da artista viguesa Loreto Martínez Troncoso, coa que o Museo de Arte Contemporánea abre o ciclo expositivo "Entrar na Obra".
A sala de exposicións do primeiro andar do MARCO acollerá, ata o vindeiro 27 de marzo, o primeiro traballo individual desta artista formada en Vigo, que constrúe situacións a partir de textos, da palabra escrita ou falada, da linguaxe e dos silencios.
"Entrar na Obra" é un ciclo de exposicións que se desenvolverá ao longo de varios meses nas salas da primeira planta do MARCO. O título está tomado da soada peza de Giovanni Anselmo "Entrare nell'opera" (1971), emulsión fotográfica sobre lenzo, na que o artista fotográfase a se mesmo atravesando unha ladeira nunha acción que interpretamos como reveladora sobre a relación entre o artista e a súa obra e entre o espazo e o tempo. O artista altera o seu papel e xera unha situación de integración, ante a que tamén reacciona o espectador, que, aínda que non entra fisicamente na obra, participa sendo testemuña desta ruptura dos límites tradicionais que separan suxeito e obxecto. O significado último reside, pois, na reacción do espectador.
Descargar todas as imaxes