María Méndez salienta que Benestar duplicou en 2010 as axudas de emerxencia e tramitou un 12,5% máis de Risgas
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, fixo este vernes balance das axudas de emerxencia e Risga xestionadas o ano pasado polo Concello. A nacionalista explicou que mentres a Concellería de Benestar Social duplicou tanto o orzamento como o número de concesións destas axudas e incrementou nun 12,5% o número de Risgas tramitadas á Xunta, que ten aínda 465 pendentes de resolución.
María Méndez destacou a importancia das axudas de emerxencia e Risga na época de crise actual. Respecto ás axudas de emerxencia nacionalista explicou que se poden solicitar ás que xestiona a Xunta ou as que concede o Concello. Segundo indicou, a gran ventaxe é que "son practicamente inmediatas", cunha tramitación moi rápida que habitualmente non supera as dúas semanas. Pola contra, as da Xunta poden tardar tres meses, que é prazo que ten a administración autonómica para tramitalas.
A responsable de Benestar explicou que no ano 2009, Benestar Social destinou un orzamento de 236.000 as axudas de emerxencia municipais e concedeu 670 axudas. "Normalmente concédense todas as que se piden", apuntou. Pola súa banda, no 2010 incrementouse o orzamento ata os 400.000 euros, dos que se gastaron 325.000 na concesión de 1.182 axudas; delas, 630 foron para alimentación e 164 para alugueiro, entre outros conceptos.
A concelleira sinalou que pese a case duplicar o número de axudas no 2010, os 75.000 euros que non se empregaron neste programa foron destinados ao aumento das bolsas de comedor. Indicou que para vivenda se concede un máximo de 2.300 euros anuais e para alimentación 4.000 euros ao ano. Respecto ao orzamento para 2011, asegurou que se mantén a mesma cantidade de 400.000 euros, "que é ampliable en caso de que aumente a demanda".
Respecto ás axudas de emerxencia da Xunta, que se tramitan inicialmente no Concello, a concelleira nacionalista indicou que no ano 2009 houbo 1.263 solicitudes, das que a administración autonómica concedeu 771. No 2010, o número de solicitudes baixou un 11%, ao chegar as 1.120. Destas solicitudes, a Xunta concedeu 448 e ten pendentes de resolución 449.
No tocante á Risga, que tamén comeza a súa tramitación no Concello pero concede a Xunta, María Méndez comentou que no 2009 houbo 791 solicitudes e no 2010 chegaron a 890, o que supón un aumento dun 12,52%. Sen embargo, precisou que o número de rentas de inserción concedidas pola Xunta descendeu neste periodo de tempo un 34,92%, ao pasar de 504 no 2009 a 328 no 2010. Estas cifras indican que a Xunta ten pendentes sen resolución 465 solicitudes de Risga, para as que ten un prazo de resposta de tres meses.
Segundo a concelleira de Benestar Social, esta demora da administración autonómica na tramitación das axudas é o factor que inflúe decisivamente no incremento de axudas municipais. En resposta aos medios sobre as previsións para este ano coa eliminación da axuda dos 426 euros, María Méndez indicou que é previsible que siga aumentando a solicitude de axudas municipais.
Descargar todas as imaxes