Mariño amosa "disposición" municipal para acordar coa Xunta de Galicia calquera modificación nos usos conveniados para a ETEA
O edil de Urbanismo explicou que o Concello está disposto a estudar todas as propostas do goberno autonómico para a ETEA e recorda que calquera cambio sobre os usos establecidos no convenio asinado precisa dun novo acordo entre as partes. José Mariño reclamou á Xunta o plan sectoral da zona, do que o Concello non ten coñecemento, e recordou que o goberno local -que executa as obras na ETEA actualmente- "está aberto" a calquera proposta autonómica.
O concelleiro de Urbanismo, José Mariño, afirmou este xoves que o goberno local ten toda a "disposición" para estudar e acordar calquera alteración nos usos permitidos na ETEA que plantexe a Xunta de Galicia, en virtude do convenio asinado fai dous anos entre os executivos local e autonómico e a Zona Franca de Vigo.
Segundo explicou, a Consellería de Territorio non remitiu ao Concello de Vigo ningún avance sobre o plan sectorial da ETEA e da presentación realizada onte aos veciños de Teis polo seu titular, Agustín Hernández, o goberno vigués non ten "ningún coñecemento".
José Mariño recordou que o convenio vixente delimita a superifice dos seis ámbitos de actuación para a ETEA e os usos que nelas se permiten, maioritariamente científico tecnolóxico, e tamén deportivo, verde ou terciario. O texto non contempla o uso residencial -vivendas- no recinto.
De calquera xeito, o concelleiro reiterou a disposición municipal para chegar a un acordo en tanto reciba a proposta autonómica formal e recordou que o Concello é quen está a executar as obras na ETEA, como a rexeración da praia de A Punta, o paseo marítimo e o acondicionamento das instalacións deportivas para uso cidadá.
Descargar todas as imaxes