O concelleiro de Persoal cifra nun 6,1% o seguimento da folga no Concello de Vigo
Carlos López Font explicou este xoves que un total de 96 traballadores dos 1.575 empregados do Concello secundaron a folga convocada pola CIG en defensa do emprego e das pensións. O edil indicou que a situación é de "total normalidade" na cidade, con "algún altercado mínimo" en comparación con outros paros xerais. Font afirmou que a concesionaria de limpeza FCC cumpriu cos servizos mínimos pactados e o resto traballou "normalmente".
O concelleiro de Persoal, Carlos López Font, asegurou este xoves que o seguemento da folga xeral convocada polo sindicato CIG acadou o 6,1% no Concello, ao secundala 96 dos 1575 empregados municipais.
Pese a detetarse "algún altercado mínimo" como a queima de catro contedores , Font indicou que a situación na cidade é de "total normalidade" en comparación con outros paros similares, e agradeceu a normalidade coa que estase a desenvolver a xornada.
O socialista explicou que os servizos mínimos -os mesmos que na anterior folga do 29 de setembro- son "suficientes para cubrir calquera incidencia" e foron novamente pactados polo goberno local e todas as centrais sindicais do Concello.
Nos servizos de limpeza, a empresa FCC secundou a folga e está a cumprir cos servizos mínimos estipulados. As restantes concesionarias -Vigo Recicla, XER, Cespa e Contenur- traballan "normalmente", apuntou o concelleiro.
Descargar todas as imaxes