Escoitar

Pleno da Corporación Municipal

venres, 28 xan 2011
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 2


CONVOCATORIA


ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 31 de XANEIRO de 2011, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.


PARTE RESOLUTIVA

1.- Actas anteriores .(Sesións ord. 25.10.10 e extraord. 08.11.10)

2.- Declaracións institucionais.

3.- Ditames das comisións informativas:

XESTIÓN MUNICIPAL
3.1.- Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas polo aproveitamento especial ou utilización privativa do dominio público. Expte. 1592/500 (109/1101).

3.2.- Rectificación do inventario de bens no tramo final do ramal 2 da rúa Recaré. Expte. 511/244 (108/1101).

3.3.- Resolución de recurso de reposición contra acordo plenario do 07.09.09, de solicitude de desafectación de viais no barrio da Salgueira. Expte. 12078/240 (106/1101).

3.4.- Modificación orzamentaria núm. 2/2011, crédito extraordinario. Expte. 118/1101.

MOBILIDADE
3.5.- Proposta de aprobación da prórroga de regulación de quendas de descanso no sector de autotaxi da cidade de Vigo. Expte. 78050/210.

3.6.- Aprobación definitiva da modificación do texto refundido da ordenanza municipal reguladora do servizo de aparcadoiro na vía pública mediante máquinas expendedoras de tickets na cidade de Vigo. Expte. 78739/210.

4.- Proposicións mencionadas no artigo 63 do regulamento do Pleno.

5.- Mocións:

5.1.- Moción do Grupo municipal do BNG contra os recortes sociais do Estado e da Xunta de Galicia. Expte. 110/1101.

5.2.- Moción do Grupo municipal Socialista relativa aos investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra en Vigo. Expte. 117/1101.

5.3.- Moción do Grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a rectificación da orde do 30.12.10 que establece as bases para axudas e subvencións para o fomento do emprego. Expte. 116/1101.

5.4.- Moción do Grupo Popular rexeitando a suba das tarifas da enerxía eléctrica, instando un pacto en política enerxética e conxelar as tarifas durante o ano 2011. Expte. 114/1101.

5.5.- Moción do Grupo Popular demandando do Goberno de España o mantemento do Programa temporal de protección por desemprego e inserción. Expte. 111/1101.

6.- Asuntos urxentes.


PARTE DE CONTROL

1.- Toma de coñecemento dos acordos ou resolucións doutros órganos municipais ou de informes ou escritos que así o requiran.

1.1.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.

1.2.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.

1.3.- Dar conta de resolución da Alcaldía de data 29.12.10 de delegación temporal de funcións en don Santos Héctor Rodríguez Díaz.

2.- Coñecemento dos informes citados no art. 38.2.m.4º do Regulamento do Pleno.

3.- Comparecencias de membros da Corporación.

4.- Mocións.

4.1.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando a creación dun servizo nocturno de gardería para nenos de 0 a 6 anos. Expte. 113/1101.

4.2.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando se prosigan os traballos de investigación arqueolóxica na rúa Celso E. Ferreiro. Expte. 120/1101.

4.a. Mocións urxentes

5.- Formulación de rogos.

6.- Formulación de preguntas.



DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE HORAS do día TRINTA E UN DE XANEIRO, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.

Vigo, 27 de xaneiro de 2011
O ALCALDE, A SECRETARIA XERAL DO PLENO,




Abel Caballero Álvarez Mª Concepción Campos Acuña.