Escoitar
A Fundación Laxeiro clausura este domingo, 30 de xaneiro, esta mostra que abordou a descoñecida faceta literaria de Laxeiro

Últimos días para visitar a exposición "Laxeiro, escritos: pensamentos,recordos e relatos"

Inaugurada o pasado 5 de novembro, a exposición é parte dun proxecto máis amplo no que a Fundación Laxeiro leva traballando durante todo o ano 2010 e que culminará coa presentación dun volume, editado en galego e castelán no que se recolle un total de 150 textos.

venres, 28 xan 2011
1296221099expofragmento1.jpg
Os textos comprenden unha revisión dos xa editados ata o momento noutras publicacións, e unha gran parte deles inéditos, editados a partir dos manuscritos orixinais que foron recompilados e trascritos de forma literal pola súa bisneta, Paula García Suárez, para logo ser revisados e traducidos por Anxos Sumai e Javier Pérez Buján e, comentados, estruturados e editados por este último, tamén comisario da exposición e director artístico da Fundación Laxeiro.

O libro será presentado nos próximos días e se estrutura nos seguintes apartados:

Textos poéticos
Diarios
Reflexións
Soños
Relatos e recordos
Presentacións e pregóns
Semblanzas
Textos e conferencias sobre arte

O proxecto constitúe unha aportación de primeira orde á cultura galega, xa que, por primeira vez, dá conta dunha faceta de Laxeiro, certamente descoñecida, na que, a partir dun total de 230 textos orixinais, recollidos en notas, apuntamentos e cadernos que Laxeiro nunca pensara publicar, descobrimos un Laxeiro lírico e intimista nos textos poéticos, moi próximo ao mundo rosaliano e á xeración do 27; un Laxeiro sensible e comprometido co seu traballo, nos seus diarios e reflexións; un Laxeiro dunha gran capacidade fabuladora, más coñecida, nos soños, relatos e recordos; un Laxeiro conscente do valor humano e artístico de diversos amigos nas semblanzas, e un Laxerio independente con respecto ao panorama artístico da súa época, nostextos sobre arte e as conferencias.

A mostra foi visitada por 2.840 persoas e significou unha oportunidade para gozar da contemplación dos textos manuscritos orixinais, ao mesmo tempo que se podía ler os contidos, mediante a transcrición mecanografada de cada documento, nunha montaxe austera, carente de imaxes na procura de dirixir a atención á documentación escrita exposta.
1296221099expofragmento1.jpg
1296221151expofragmento2.jpg
Descargar todas as imaxes