Escoitar

O alcalde inaugurou a humanización de Doutor Cadaval, Lugo e Perú, que aproxímase ao millón de euros de investimento

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este venres a humanización das rúas Doutor Cadaval, Lugo e Perú, no entorno da chamada Praza de El Pueblo Gallego, onde atópase actualmente a sede da delegación de Vigo do Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia. Caballero salientou a "xestión" do goberno local e recordou a rebaixa da débeda en case "vinte puntos", ten o nivel porcentual de débeda máis baixo de España e sitúase como o concello estatal cun menor gasto en persoal municipal.

venres, 28 xan 2011
1296222590humanizacion.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este venres a humanización municipal realizada nas rúas Doutor Cadaval, Lugo e Perú, nas proximidades da coñecida como Praza de El Pueblo Gallego.

O primeiro edil salientou o investimento do Concello na mellora dos tres céntricos viais, próximo ao millón de euros, destinados á renovación integral da superficie e das canalizacións soterradas de servizos como o abastecemento, o saneamento e a separativa das augas pluviais. En total, a Concellería de Vías Obras que dirixe a socialista Isaura Abelairas renovou máis de 800 metros de tuberías, sumando as tres vías substituídas.

En superficie, esta actuación municipal continúa coa liña marcada polo Concello de gañar espazo para os viandantes e primar ao peón sobre o tráfico rodado. A humanización habilitou beirarrúas de granito e renovou os puntos de luz e as papeleiras, ademais de instalar bancos e xardineiras. Xunto a esta medida, o goberno local dispuxo na praza dun novo xardín "certamente notable".

O rexedor municipal definiu esta como unha "gran humanización", que da coma resultado unha nova "praza excepcional" na cidade, que enlaza coa porta do Sol e coas reformas que o goberno local executa na praza do Mercado do Progreso.

Contas municipais
Abel Caballero recordou que Vigo, a nivel porcentual, é "o concello menos endebedado de España" cun 19%, e as obras de transformación da cidade lévanse adiante pese a baixar "vinte puntos" o nivel de débeda neste mandato.

O alcalde tamén explicou que en Vigo "somos o concello que ten un gasto menor en España" para pagar ao persoal municipal. A media estatal no gasto por habitante dos municipios españois para pagar aos traballadores da administración local ascende a 430 euros/habitante; en Vigo, a cifra está en 224 euros, debido á "xestión" do goberno loca que preside, que realizou unha "eficaz distribución" das partidas, apuntou Caballero.
Descargar todas as imaxes