Escoitar

Os cuartos de final da Copa do Rei de Balonmán enfrontarán ao Octavio co Ademar Valladolid o 7 de abril nas Travesas

O sorteo dos cuartos de final da XXXVI Copa do Rei de Balonmán que se celebrou hoxe emparellou ao Octavio Pilotes Posada co Cautro Rayas Valladolid. O enfrontamento será o xoves, 7 de abril ás 21 horas no pavillón das Travesas. Os demáis emparellamentos son F.C. Barcelona Borges-Reale Ademar León, o CAI BM Aragón-Fraikin BM Granollers, e Amaya Sport San Antonio-Renovalia Ciudad Real. No acto, o tenente de alcalde, Santi Domínguez, agradeceu "a confianza por ter elixido Vigo" para celebrar este campionato, que se desenvolverá do 6 ao 10 de abril.

mércores, 9 feb 2011
1297258786Balonman.JPG
Tras dar a benvida aos representantes dos equipos, o tenente de alcalde destacou a importancia da celebración na nosa cidade da Copa do Rei de Balonmán, que traerá a Vigo aos sete mellores equipos do mundo. "Gústanos tamén a Minicopa Asobal, porque non se trata só de que Vigo sexa sede de grandes eventos deportivos, senón tamén de que sirvan de revulsivo á práctica deportiva", asegurou. O sorteo da Minicopa foron Cuatro Rayas Valladolid-Renovalia Granollers, Sport San Antonio-CAI BM Aragón, Reale Ademar León-F.C. Barcelona Borges, e Octavio Pilotes Posada-Renovalia Ciudad Real

Santi Domínguez afirmou que ademais de espectáculo deportivo, coa organización deste evento tamén se quere "ofrecer a nosa cidade, que é impresionante e á que cada persoa que ven repite". O nacionalista lembrou que Vigo foi recoñecida co Premio Nacional de Deporte, "que está demostrado que era merecido", e expresou o seu compromiso para seguir merecéndoo. "Dende a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Deportes imos seguir apostando polo balonmán e polo deporte en xeral", dixo. Ao seu xuízo, é unha obriga das administracións "apostar polo mundo do deporte".

Santi Domínguez desexou sorte a todos os equipos participantes, aínda que recoñeceu que o favorito é o anfitrión, o Octavio Pilotes Posada. "Témolo ben, porque ao Valladolid e ao Barcelona xa se lles gañou en Vigo, polo que nos vemos na final", asegurou.

O presidente da Liga Asobal, Javier Zurriarain, afirmou que o espectáculo "está aseguradoo" e destacou que a Copa do Rei celebrarase en Vigo "grazas á teimudez do tenente de alcalde e o concelleiro de Deportes", aos que desexou todos os éxitos nos vindeiros meses.

Pola súa banda, o concelleiro de Deporte, Xabier Alonso, dixo que "imos poder disfrutar en Vigo dos 7 mellores equipos do mundo". Tras dar a benvida aos equipos participantes, asegurou que a medalla do bronce acadada recentemente pola selección española amosa o "bo nivel" do balonmán, polo que salientou a "intensidade" que se vivirá no campionato.
Descargar todas as imaxes