Xabier Alonso anuncia que as bolsas VIDE manterán a discriminación positiva para as mulleres deportistas
O concelleiro de Deportes e presidente da Fundación Vigo en Deporte, Xabier Alonso, presentou hoxe a novena convocatoria das bolsas VIDE para deportistas individuais, que estará aberta do 1 ao 28 de febreiro. O nacionalista destacou que "cada ano son máis os e as deportistas que solicitan esta axuda, para atender ás súas necesidades de adestramentos. Na Concellería de Deportes subimos cada ano as axudas aos clubs, pero non hai unha partida específica para deportistas de modalidades individuais, o que VIDE cobre co seu apoio".
Como cada ano dende 2003, na convocatoria especifícanse dous tipos de bolsa, unha de base, para solicitantes de 16 anos ou menores (nacidos a partires do 1 de xaneiro de 1995), premiada con 1.000 euros, e outra de elite (maiores de 16 anos), que recibe 2.000 euros. "Sabemos que virán moitas solicitudes", lembra Xabeier Alonso, quen explicou que un xurado composto polos patróns de VIDE, o presidente e a directora xerente de VIDE, un técnico deportivo VIDE e a secretaria da Fundación avaliará en marzo todos os currículos de 2010. "Sempre é complicado á hora de elixir aos gañadores, pero esperamos acertar", dixo o presidente de VIDE.
"Como xa ocorreu o ano pasado, en igualdade de méritos imos facer unha discriminación positiva co deporte femenino", subliñou o concelleiro, que ademais advertiu que o gañadores e gañadoras de bolsas "adoitan facer mellores resultados, ou mantelos, ao ano seguinte", e citou os casos de Lara Lagoa (windsurf), Andrea Rica e Fernando Rascado (taekwondo), Sechu López (montañismo) ou Chano Rodríguez (natación).
A gala de entrega de bolsas, que é cando se coñecerán gañadores e gañadoras, está fixada para o 14 de abril no Centro Social Novacaixagalicia. O concelleiro nacionalista incidiu en que non hai límite inicial no número de bolsas pero que habitualmente a media está en dez de elite e outras dez de base.
Dende 2003 e ata hoxe, VIDE doou algo máis de 200.000 euros, dos que se beneficiaron 91 deportistas vigueses e viguesas (54 homes e 37 mulleres).
Descargar todas as imaxes