O Pleno debatirá pedir á Xunta de Galicia que distribúa por poboación e número de parados os fondos para emprego nos municipios
O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, o socialista Santos Héctor, presentou este luns unha moción, que será debatida no Pleno municipal da próxima semana, que solicita a retirada da orde autonómica que regula os fondos de cooperación para 2011 e que o reparto atenda a criterios de poboación e número de parados por municipio. Segundo denunciou o edil, un municipio de 20.000 habitantes podería recibir incluso máis cartos para contratación que a cidade de Vigo.
O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, presentou este luns unha moción que pide a retirada da orde autonómica que xestiona os fondos de cooperación entre os concellos e demanda que o reparto atenda ao número de habitantes e parados dos municipios.
Santos Héctor explicou que a orde do 10 de decembro de 2010 reparte de xeito "clientelar" os 50 millóns de euros que o Goberno de España transfire a Galicia para loitar contra o desemprego e non atende nin á poboación dos municipios nin ao número de parados de cada concello, polo que pide a súa retificación.
Segundo apuntou o edil, un municipio galego de 20.000 habitantes pode recibir incluso máis cartos para contratación de desempregados que a cidade de Vigo, con 300.000 habitantes. As localidades de máis de 20.000 habitantes non poderán percibir máis de 500.000 euros; en cambio, atendendo á poboación e ao número de parados vigueses, a cidade debería recibir 5,3 millóns de euros para emprego, o que permitiría a contratación de máis de 700 parados vigueses.
O socialista denuncia asemade que a normativa autonómica permite aos concellos, con acordo previo co delegado/a da Xunta, contratar do INEM ás persoas que decidan os alcaldes ou alcaldesa, con "nome e apelidos", un sistema nominativo que non funcionaba en anos pasados e que no concello vigués, adiantou Santos Héctor, non se empregará.
Santos Héctor sinalou que a xestión do Concello de Vigo en materia de emprego permitiu crear case 12.000 empregos durante este mandato, grazas ao investimento público municipal nos catro orzamentos aprobados, aos plans de emprego da Concellería que dirixe Héctor e polo Pacto Local do Emprego que aglutina tanto a empresarios como a sindicatos.
Desde a chegada de Núñez Feijóo á presidencia da Xunta de Galicia, o desemprego na comunidade creceu un 14,88% namentres que na cidade de Vigo é tres puntos porcentuais menos da media galega, un dato que o concelleiro atribuíu á iniciativa municipal en políticas activas de emprego.
Descargar todas as imaxes