Escoitar

"Valle-Inclán, palabra e imaxe", exposición no VERBUM

O museo Verbum-Casa das Palabras acolle do 21 de xaneiro ao 27 de febreiro a mostra "Valle-Inclán, Palabra e Imaxe". Esta exposición é unha iniciativa pioneira e a presentación mundial da obra en galego de Valle-Inclán, o poema "Cantiga de Vellas". Na inauguración está prevista a asistencia dos comisarios da exposición, José Telmo Grande Pérez e Paula Mariño Pazó (Ateneo de Bouzas)e o Director do museo, Rosendo Gonzalo Covelo Roma. A continuación da inauguración, haberá un recital a cargo de Teo Cardalda e María Monsonís que estrearán tres poemas de Valle-Inclán musicados polo compositor vigués e que forman parte do seu proxecto para o 2011: "Claves Líricas", un disco libro sobre o autor.

venres, 21 xan 2011
1295607815valleinclan.jpg
A Mostra "Valle-Inclán, Palabra e Imaxe" pretende dar unha visión da personalidade do escritor a través das caricaturas e retratos feitos polo pintor Siro López á vez que nos quere descubrir a obra en galego do autor, o poema "Cantiga de Vellas" que xunto con outros dous representativos da súa relación con Galicia acompañaran ás ilustracións e nos introducirán la lírica valleinclanesca.

Esta mostra xurde grazas ao amor á literatura de Siro que a partir do retrato e a caricatura de Don Ramón del Valle-Inclán, tenta destacar unha figura literaria pola que sinte unha admiración incontrolada, admiración por un escritor que foi capaz de xerar una obra fóra de modas na creación dunha nova linguaxe, que abrangue desde poesía ata dramaturxia, pasando por contos e novelas, dunha mestría incomparábel.

Recital. Venres 21 de xaneiro ás 20h. Intervirán Teo Cardalda e María Monsonís estreando 3 poemas de Valle-Inclán musicados polo compositor vigués que forman parte do seu próximo proxecto para o 2011: "Claves Líricas", un disco libro sobre o autor.

Conferencia. Ilustración e literatura con Valle-Inclán como modelo. Venres 18 de febreiro ás 20h. Conferencia a cargo de Siro, autor das ilustracións da exposición sobre a figura do escritor.
Descargar todas as imaxes