luns, 17 xan 2011
Abel Caballero deu conta da Xunta de Goberno Local celebrada este luns en sesión ordinaria, na que aprobouse a adxudicación do contrato de mantemento da sinalización horizontal e vertical da cidade, por valor de 1,8 millóns de euros. O alcalde explicou que esta decisión "garante que as redes viarias de Vigo estean pintadas na forma que corresponde, con pintura antideslizante" e supón que "Vigo continúa o proceso de humanización e de mantemento das humanizacións".
luns, 17 xan 2011
O alcalde amosou este luns a súa "satisfacción" polas declaracións do ministro de Fomento, José Blanco, nas que ratificaba a ampliación da ponte de Rande e abría a porta a financiala con aportacións do Estado, unha vez rematada a obra. "É unha moi boa nova", apuntou o socialista, "porque sinala que a ampliación vaise facer e ningunha discusión sobre o financiamento vai paralizala". Caballero defendeu esta medida para evitar un "colapso económico" na cidade.
luns, 17 xan 2011
O programa estable de artes escénicas que organiza a Concellería de Cultura no Auditorio Municipal continúa coa actuación que ofrecerá a Orquestra Vigo 430 o vindeiro mércores, 19 de xaneiro ás 20.30 horas. O concerto terá a Alejandro Garrido como director e nesta ocasión contará con Rosa Campos ao clarinete di bassetto. De Wolfgang Amadeus Mozart, o repertorio inclúe a Obertura da Ópera "Bastien und Bastienne" e o concerto para Clarinete e orquestra en La maior, KV 622; ademais, de Franz Schubert, a orquestra interpretará a Sinfonía Nº5 en Si bemol maior, D 485.
luns, 17 xan 2011
Nesta semana, unha delegación de alumnos e profesores da Escola Municipal de Música Tradicional e Folk desprazaranse a cidade de Glasgow para participar nun concerto conxunto con alumnos e profesores da Royal Scottish Academy, dirixidos polo prestixioso músico Phil Cunningham.
luns, 17 xan 2011
Clubes de lectura, obradoiros de banda deseñada e actos para os menores centran as actividades para o mes de xaneiro que organiza a Biblioteca Pública Central de Vigo.
luns, 17 xan 2011
A conferencia está organizada polo Organismo Autónomo Municipal Parques das Ciencias Vigozoo, que colabora neste proxecto. A veterinaria e directora técnica do Santuario de Primates, Carmen Vidal, impartirá o seu relatorio no Auditorio Municipal do Areal ás 17:00 horas.