xoves, 20 xan 2011
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este xoves o cartel gañador do V Concurso da Festa da Reconquista, realizado por José Manuel Gorís co título "Bandeiras de loita e liberdade", que servirá para presentar este evento mañá en Fitur. O nacionalista destacou que a Reconquista está xa consolidada como a festa "máis importante do calendario cultural vigués", debido especialmente ao arroupe popular, que crece ano a ano.
xoves, 20 xan 2011
A xuntanza tivo lugar onte mércores no Centro Cívico de Coruxo e nela abordáronse temas como a campaña solidaria de alimentos levada a cabo por esta entidade, así como as actividades que se organizarán con motivo do Entroido. O Banco de Tempo consiste no intercambio de bens, coñecementos e servizos cunha única moeda de cambio, as horas, contabilizadas mediante cheques de tempo.
xoves, 20 xan 2011
O Museo do Mar de Galicia afronta este ano 2011 co obxectivo de consolidarse entre a poboación galega. Para acadar este fin deseñouse un plan de actividades e exposicións que virán a incrementar e potenciar as xa existentes. Deste xeito está prevista a incorporación de novas pezas, así coma o desenvolvemento dun plan que, baixo a denominación de A peza da quincena, se proporá dar a coñecer os bens exhibidos con explicacións dos mesmos durante as fins de semana a partir do vindeiro mes de febreiro.En canto ás exposicións temporais, o Museo centrarase este ano na Costa da Morte, abordando dous proxectos que gardan relación coa zona. Ademais, colaborará co Arquivo Pacheco co fin de valorizar a obra fotográfica do mesmo que garde relación coa temática mariña, e convocará por terceiro ano a bolsa de creación fotográfica O Mar.