Caballero sinala que a rebaixa no 70% nas tarifas das terrazas será efectiva desde este mes
O alcalde de Vigo informou este mércores da aprobación en Xunta de Goberno Local da modificación das tarifas para instalar terrazas na vía pública, que experimentan unha rebaixa do 70%, tal e como anunciara o propio Caballero aos hosteleiros a pasada semana. A decisión de "apoio" ao sector "de cara á crise" pasará polo Pleno da Corporación de xaneiro e será firme en febreiro, aínda que con carácter retroactivo desde este mes, explicou o rexedor.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe mércores da aprobación en Xunta de Goberno Local da rebaixa do 70% nas tarifas das terrazas na vía pública, efectiva desde xaneiro de 2011, unha medida de "apoio de cara á crise".
Caballero xa confirmara a pasada semana aos hosteleiros esta decisión que "hoxe é realidade; só unha semana despois, aprobamos rebaixar nun 70% as taxas das terrazas que ocupen a vía pública". "Os hosteleiros da cidade pagarán o 30% do que pagaban ata o de agora", expuxo.
Unha vez validada a rebaixa na Xunta de Goberno Local, esta decisión será refrendada no próximo Pleno da Corporación Municipal, a celebrar o 31 de xaneiro, e será "firme" en febreiro, aínda que entrará en vigor con carácter retroactivo, incluindo por tanto o mes de xaneiro deste ano.
As tarifas en 2011, apuntou Caballero, baixan de 106 a 32€/m2 na categoría 1, de 56 a 16€/m2 na dúas, de 47,6 a 14€/m2 na tres, de 42 a 12€/m2 na cuarta, de 41 a 12€/m2 na quinta e de 15€/m2 a 4 euros na sexta categoría.
Descargar todas as imaxes