mércores, 19 xan 2011
O alcalde de Vigo informou este mércores da aprobación en Xunta de Goberno Local da modificación das tarifas para instalar terrazas na vía pública, que experimentan unha rebaixa do 70%, tal e como anunciara o propio Caballero aos hosteleiros a pasada semana. A decisión de "apoio" ao sector "de cara á crise" pasará polo Pleno da Corporación de xaneiro e será firme en febreiro, aínda que con carácter retroactivo desde este mes, explicou o rexedor.
mércores, 19 xan 2011
O alcalde amosouse este mércores satisfeito pola aprobación do trazado da nova autovía gratuita que unirá Vigo e Pontevedra, xa en exposición pública, que suporá un investimento de 427 millóns de euros financiados "na súa totalidade desde o ámbito público". Este investimento de Fomento únese á ratificación da ampliación da ponte de Rande, previsto o seu inicio para abril, co que o Ministerio que dirixe José Blanco inviste sobre 600 millóns de euros nestas dúas infraestruturas, o que "é de xustiza recoñecer", apuntou o alcalde.
mércores, 19 xan 2011
O alcalde de Vigo e a nova dirección deste entidade que aglutina ao sector periodístico vigués visitaron na mañá deste mércores o novo local que ocupará a Asociación, cedido polo Concello de Vigo e localizado no edificio municipal do Areal.
mércores, 19 xan 2011
A nova edición do festival Sinsal comezará o vindeiro sábado 22 de xaneiro co concerto que ofrecerá a arpista e pianista Johanna Newson no teatro do Centro Cultural de Novacaixagalicia ás 21 horas. Segundo informa a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural, as entradas oscilan entre os 18 e os 28 euros e pódense mercar a través da web www.servinova.com