Escoitar
A primatóloga Carmen Vidal é unha veterinaria de prestixio internacional

Vigo acolle unha charla sobre un proxecto de conservación de primates no Lwiro-Congo

A conferencia está organizada polo Organismo Autónomo Municipal Parques das Ciencias Vigozoo, que colabora neste proxecto. A veterinaria e directora técnica do Santuario de Primates, Carmen Vidal, impartirá o seu relatorio no Auditorio Municipal do Areal ás 17:00 horas.

martes, 18 xan 2011
O Auditorio Municipal do Areal acollerá o próximo mércores, 19 de xaneiro, unha conferencia da prestixiosa veterinaria Carmen Vidal sobre o "Proxecto de Conservación in situ no Centro de rehabilitación de Primates no Lwiro-República Democrática do Congo-".

Carmen Vidal está a desempeñar o seu labor profesional na República Democrática do Congo desde novembro de 2006. O fai concretamente na provincia de Sur Kivu onde se leva a cabo un "Programa de Conservación Comunitario" cuxo obxectivo é, fundamentalmente, educar para promover o desenvolvemento humano e económico da zona de intervención a través da promoción da saúde comunitaria e a protección da biodiversidade"

Grazas á adicación constante de Carmen Vidal os animais residentes do centro de Lwiro dispoñen de recintos mellorados, unha atención veterinaria de calidade, unha dieta equilibrada e variada. O centro dá emprego a un número mínimo de 30 persoas que Carmen Vidal formou individualmente para que conten cun amplo coñecemento do manexo de diferentes especies e os traten con agarimo e profesionalidade, entendendo a importancia do seu traballo para a protección da biodiversidade do seu país.

Os proxectos de saúde comunitaria, no que se inclúe este, nacen para mellorar a situación sanitaria das comunidades dos arredores do Parque Nacional Kabuzi-Biega. Esto xerará á súa vez un ambiente san para as poboacións de animais silvestres e domésticos.

Este é a primeira conferencia deste tipo no que colabora o zoolóxico vigués o que introdúceo de cheo nunha nova fase, a da colaboración con proxectos internacionais importantes para a biodiversidade.