A Orquestra Vigo 430 actúa o mércores no Auditorio Municipal cun programa que inclúe obras de Mozart e Schubert
O programa estable de artes escénicas que organiza a Concellería de Cultura no Auditorio Municipal continúa coa actuación que ofrecerá a Orquestra Vigo 430 o vindeiro mércores, 19 de xaneiro ás 20.30 horas. O concerto terá a Alejandro Garrido como director e nesta ocasión contará con Rosa Campos ao clarinete di bassetto. De Wolfgang Amadeus Mozart, o repertorio inclúe a Obertura da Ópera "Bastien und Bastienne" e o concerto para Clarinete e orquestra en La maior, KV 622; ademais, de Franz Schubert, a orquestra interpretará a Sinfonía Nº5 en Si bemol maior, D 485.
A orquestra Vigo 430 foi creada no ano 2005 como "Ensemble Vigo 430" coa premisa de contar cun núcleo de corda de calidade. Na actualidade o seu elenco vai dende os 14 músicos da pequena orquestra de cámara, necesaria para abordar o repertorio barroco, e outra integrada por 43 músicos que compoñen a formación sinfónica, baixo a xestión de Javier Escobar e a dirección de Alejandro Garrido.
A viguesa Rosa Campos estudou clarinete e piano no Conservatorio Superior de Música de Vigo onde se gradúa co Título Superior de Música con 1ª Mención de Honra no 1998. No 2000 Rosa trasládase a Inglaterra onde estuda clarinete e clarinete Baixo no "Birmingham Conservatoire". Logo de abandonar o conservatorio de Birmingham continúa os seus estudos con Hans Deinzer, Anthony Pay e Pascal Moragues. Colabora con diversas orquestras e grupos tanto en Inglaterra como en España e dende 2004 é profesora de Clarinete na escola de música integrada "Chethams School of Music" de Manchester.
Pola súa banda, Alejandro Garrido comezou seus estudos musicais en Sevilla, a súa cidade natal, continuándoos no Conservatorio Nacional de París baixo a dirección de Bruno Pasquier e Christophe Coin, onde consegue o primeiro premio de viola en 1998. Entre 1999 e 2001 traballa na Hochschule de Frankfurt coa prestixiosa violista Tabea Zimmermann. Actuou como solista acompañado pola Nova Orquestra Nacional de España e a Ensemble Barcelona 216, entre outras. Actualmente é profesor de Viola no conservatorio superior de música de San Sebastián "Musikene", actividade que compaxina coa súa actividade concertística e a dirección musical da Orquestra Vigo 430.
Descargar todas as imaxes