Abel Caballero saúda que Fomento ratifique a ampliación de Rande e contemple financiala con aportacións estatais
O alcalde amosou este luns a súa "satisfacción" polas declaracións do ministro de Fomento, José Blanco, nas que ratificaba a ampliación da ponte de Rande e abría a porta a financiala con aportacións do Estado, unha vez rematada a obra. "É unha moi boa nova", apuntou o socialista, "porque sinala que a ampliación vaise facer e ningunha discusión sobre o financiamento vai paralizala". Caballero defendeu esta medida para evitar un "colapso económico" na cidade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, saudou hoxe luns con "satisfacción" que o Ministerio de Fomento ratifique a ampliación da ponte de Rande e abra a porta a financiala con aportacións do Estado.
"É unha moi boa nova porque sinala que a ampliación vaise facer e ningunha discusión sobre o financiamento vai paralizala", explicou o primeiro edil, xa que as fórmulas de pago serán decididas polo Goberno de España ao remate da obra.
Abel Caballero eloxiou que o ministro, José Blanco, foi "sensible" e concretou o financiamento dunha demanda "imprescindible" que "persoalmente" lle trasladou o propio Caballero para evitar "un colapso económico nesta cidade".
"Esta fin de semana", o ministro de Fomento "volveu ratificar que vai haber ampliación da ponte de Rande e concretou o financiamento", asegurou Caballero, quen avanzou que "a partir de ahi, canto antes se inicien as obras, mellor".
Descargar todas as imaxes