A E-Trad participara no festival Celtic Connections invitada pola Royal Scottish Academy of Music
Nesta semana, unha delegación de alumnos e profesores da Escola Municipal de Música Tradicional e Folk desprazaranse a cidade de Glasgow para participar nun concerto conxunto con alumnos e profesores da Royal Scottish Academy, dirixidos polo prestixioso músico Phil Cunningham.
O Celtic Connections e o festival máis importante dos que se celebran en Europa en torno á musica folk e tradicional do mundo. A delegación da e-Trad realizará un concerto conxunto o dia 22 de Xaneiro no Glasgow Royal Concert Hall.
A Royal Scottish Academy of Music and Drama, centro de referencia europeo, destaca polo seu departamento de música folk e tradicional, no que se ofrecen estudos de rango uiversitario. A colaboración entre as escolas viguesa e escocesa se enmarca no programa de actividades da European Network of Folk Orquestras que lidera o Concello de Vigo a traves da E-Trad, e no que figuran a Fundación Sondeseu, a Sibelius Academy de Helsinki e a Tradalp Orchestra de Turín. A este proxecto vense de incorporar a Royal Scottich Academy e se espera que en breve a World Irish Academy, de Limerick ( Irlanda) se xunte ás institucións xa mencionadas.
Dentro dos actos do Festival, o profesor de gaita da E-Trad, Xaquín Xesteira, ofrecerá o dia 20 no Tron Theatre un concerto xunto aos coñecidisimos gaiteiros Paddy Keenan e Fred Morrison, que será retransmitido pola TV escocesa.
Descargar todas as imaxes