O alcalde subliña que o 40% dos 2,6 millóns da humanización de Tomás Alonso vai dirixido á renovación das redes soterradas
Abel Caballero inaugurou este mércores a segunda fase da humanización da rúa Tomás Alonso, no tramo da Praza da Industria á curva de San Gregorio, cun investimento de 1,2 millóns de euros. A mellora da rúa ata Pi y Margall suma un orzamento total de 2,6 millóns de euros, do que un 40% destínase á renovación das redes de abastecemento, saneamento e augas pluviais, segundo explicou o alcalde. A humanización supuxo emprego para medio centenar de cidadáns.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este mércores que o 40% do custo da humanización de Tomás Alonso foi destinado á renovación das redes soterradas de abastecemento, saneamento e canalización de augas pluviais.
Durante a inauguración da segunda fase da mellora da rúa -o treito entre a Praza da Industria e a curva de San Gregorio-, Abel Caballero, quen amosou a tubería da auga potable antiga e a nova (na foto), subliñou esta "laboura intensísima de actuación no subsoo" dentro dunha actuación integral "moi relevante" por valor de 1,2 millóns de euros e que empregou a preto de 20 traballadores.
A primeira fase da humanización de Tomás Alonso reformou o pasado ano o treito que une Pi y Margall coa Praza da Industria, sumando un total de 2,6 millóns de euros de investimento na mellora desta rúa, un quilómetro de actuación que supuxo a creación de medio centenar de postos de traballo na cidade.
Abel Caballero salientou o resultado final desta reforma do vial, que conta agora con novo arborado, farolas, xardiñeiras e papeleiras, como ven sendo habitual nas humanizacións municipais en Vigo. O alcalde agradeceu as felicitacións recibidas pola veciñanza da Curva de San Gregorio.
Descargar todas as imaxes