Escoitar

O Concello reedita con Aqualia o convenio de colaboración para actividades socioculturais na cidade

O alcalde, Abel Caballero, e o director galego da entidade, José Luis García Ibáñez, rubricaron este venres o convenio de colaboración polo que Aqualia achega 93.500 euros para participar "na programación de accións e medidas de impulso económico programadas polo Concello de Vigo" para o ano 2011. Segundo estipula o texto, Aqualia "ingresará a favor dos destinatarios das axudas as cantidades que determine o Concello de Vigo".

venres, 21 xan 2011
1295617845aqualia.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o responsable da delegación galega de Aqualia, José Luis García Ibáñez, asinaron este venres o convenio de colaboración entre as entidades correspondente ao 2011, para a participación da empresa nas actividades socioeconómicas que programe o Concello para os próximos 12 meses.

Segundo reza o texto, a cooperación entre as partes -que procede de anos atrás- concrétase na achega de 93.500 euros de Aqualia para participar "na programación de accións e medidas de impulso económico programadas polo Concello de Vigo" e a concesionaria da auga en Vigo "ingresará a favor dos destinatarios das axudas as cantidades que determine" a administración local.

Abel Caballero comentou posteriormente aos medios de comunicación que a turbidez presentada polo auga viguesa nas pasadas datas debeuse a un corremento de terras pero que en ningún momento presentou risco para a saúde dos consumidores. Actualmente "pode haber algún caso aislado" pero a situación está "prácticamente resolta", indicou o alcalde seguindo os informes da empresa.
Descargar todas as imaxes