Escoitar
Anuncio de Normalización Lingüística

Cursos de Celga e de linguaxe administrativa galega

venres, 21 xan 2011
Cursos de linguaxe administrativa galega na Escola Oficial de Idiomas de Vigo

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia convoca, con carácter gratuíto, cursos, de linguaxe administrativa galega -niveis medio e superior- na EOI de Vigo.A convocatoria saíu publicada no DOG núm. 9 do venres 14/01/2011 (páx. 813 e ss.) A solicitude debe entregarse na Secretaría da EOI na avda. Emilio Martínez Garrido, 17

Cursos de Celga 1, 3 e 4 na Escola Oficial de Idiomas de Vigo

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia convoca, con carácter gratuíto, cursos de Celga 1, 3 e 4 na EOI de Vigo, preparatorios para os certificados de lingua galega
A convocatoria saíu publicada no DOG núm. 9 do venres 14/01/2011 (páx. 813 e ss.)
A solicitude debe entregarse na Secretaría da EOI na avda. Emilio Martínez Garrido, 17

Cursos de Celga 1, 2, 3 e 4 da Xunta de Galicia

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convoca, con carácter gratuíto, cursos de Celga 1, 2, 3 e 4 en Vigo, preparatorios para os certificados de lingua galega
A convocatoria saíu publicada no DOG núm. 12 do mércores 19/01/2011 (páx. 1056 e ss.)
A solicitude debe entregarse no Rexistro da Xunta de Galicia na rúa Concepción Arenal, 8

Para máis información consultar a páxina http://snl.vigo.org

Máis información