Caballero sinala que a reforma da Alameda levará a Bembrive o parque infantil máis grande da cidade
O alcalde visitou este venres os traballos de reforma da Alameda de Bembrive, con case 400.000 euros de investimento delimitada en catro partes: acondicionamento en granito, zona verde, espazo de uso deportivo e o parque infantil máis grande de Vigo, que dobrará o tamaño do maior actualmente, o da rúa Venezuela. Caballero salientou que a praza permitirá a instalación dos escenarios móbiles para as festas da parroquia.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou hoxe venres que a reforma da Alameda de Bembrive conlevará a construción do maior parque infantil da cidade de Vigo.
Nunha visita á obra da parroquia, Caballero cifrou en 400.000 euros o investimento nesta reforma "que vai cambiar a estrutura, o uso e todo o que ten que ver coa Alameda de Bembrive".
Explicou o rexedor que o plantexamento municipal contempla catro partes diferenciadas: o acondicionamento en granito da superficie, unha zona verde, outra para uso deportivo e unha cuarta para uso infantil. O parque infantil dobrará o tamaño do de Venezuela, actualmente o de maior tamaño na urbe.
Caballero subliñou que a praza está sendo preparada para que albergue os escenarios móbiles que habitualmente empréganse nas festas populares. O alcalde amosouse "moi satisfeito" por esta iniciativa que suporá "a humanización ata a igrexa" e conformará "un lugar de afluencia" para o ocio dos veciños e veciñas da parroquia.
Descargar todas as imaxes