Comeza un programa gratuíto de medicións antropométricas en Asociacións de Veciños para previr cardiopatías
A concelleira de Sanidade, Chus Lago, presentou neste luns a posta en marcha dunha iniciativa que nace coa intención de detectar posibles cardiopatías na poboación de maior idade. Polo de agora estase xa a desenvolver na Asociación de Veciños de Coruxo, na que se realizarán 50 medicións antropométricas grazas á unidade móbil do Plan Saúde.
Tal e como explicou a edil socialista, a posta en marcha deste novo programa de medicións antropométricas está destinado, neste caso,ás persoas maiores do municipio vigués. Tras o estudio antropométrico realizado o pasado ano na poboación infantil, o Plan Saúde busca agora a prevención desprazando un equipo móbil a aquelas asociacións de veciños que o soliciten. O equipamento da Concellería de Sanidade permite medir a altura, peso, tensión arterial, índice de masa corporal, metabolismo basal, niveis de graxa e niveis de auga corporal.
Unha vez recollidos estes datos e sumados aos que facilita o propio doente -coma os índices de colesterol, se é ou non fumador...- estímase co software do Plan Saúde o Índice de Risco Cardiovascular e infórmase ao cidadán das recomendacións en materia de nutrición e actividade física ademais de derivalo ao seu médico de familia, no caso de detectar que algún parámetro está fora dos niveis recomendables. Todas as asociacións que queiran adherirse a esta iniciativa deberán poñerse en contacto co persoal da Unidade Saudable a través do 010 ou no mesmo Plan Saúde.
Así mesmo, a concelleira de Sanidade, Chus Lago, lembrou o balance do estudio antropométrico realizado o pasado ano en diversos colexios da cidade polo que desvelou que un 18,9% das nenas e un 11,5% dos nenos da cidade presentan obesidade.
A edil socialista incidiu en que, segundo os datos daquel estudio, a maior parte dos estudantes vigueses -un 80%- teñen un peso normal. O estudio antropométrico levouse a cabo cunha mostra representativa de 571 nenos e nenas de diferentes centros docentes da cidade, con idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos. Ademais do estudio, a concelleira destacou a alta demanda da poboación viguesa das diferentes ofertas da Unidade Concello Saudable, creada hai agora un ano e que rexistrou un total de 615 asistencias.
Descargar todas as imaxes