xoves, 2 nov 2023
O alcalde recibiu este xoves a unha representación dos veteranos Melgachos Rugby Club que organizan o IX Torneo Movember, que se celebrará o vindeiro 11 de novembro no campus universitario das Lagoas entre as 16 e as 18:30 horas da tarde. A competición será entre un equipo formado por xogadores galegos e o Old Vrac’s de Valladolid. O club Melgachos leva desde o ano 2014 organizando este torneo solidario cuxos beneficios e patrocinios irán á Asociación Española contra o cancro, en concreto para a loita contra o cancro de próstata.
martes, 31 out 2023
O Club Deportivo Amfiv presentou hoxe o seu proxecto deportivo 23/24, que pivotará sobre a clasificación para a Copa do Rei e a súa participación europea, prevista do 7 ao 10 de marzo en Calabria (Italia)
mércores, 18 out 2023
A cidade acolle o vindeiro domingo, 19 de novembro, a carreira solidaria Ruta 091 que organiza a Policía Nacional cun percorrido de 5 quilómetros con saída e chegada a Samil, pasando por Avenida Atlántida e Avenida de Europa. Os fondos recadados co evento serán destinados á Fundación Down Vigo. Na presentación celebrada en Vialia participaron a concelleira de Seguridade e Tráfico, Patricia Rodríguez Calviño, o comisario xefe de Vigo-Redondela, Ramiro José Gómez García, José Manuel García Orois, presidente de Down Vigo, e Antonio Perera, delegado de Participación Cidadá da Policía Nacional.
xoves, 28 set 2023
O alcalde presentou hoxe o Vigo Tennis Open, torneo internacional para categoría sub-18, masculina e feminina, que o complexo deportivo municipal de Samil vai acoller do 8 ao 15 de outubro.
martes, 26 set 2023
Abel Caballero, alcalde de Vigo, anunciou hoxe o regreso do Trail Montes de Vigo, o vindeiro 22 de outubro, despois de catro anos de ausencia da proba pola pandemia.
xoves, 21 set 2023
O Desafío Boot Camp Race vaise celebrar o domingo 1 de outubro en Samil (10:00 horas) cunha participación de 1.200 competidores, a mellor cifra trala pandemia, segundo a inscrición oficial, aínda que xa dende o sábado haberá diversas actividades previas.
mércores, 20 set 2023
Esta mañá o rexedor recibiu a Susana Rodríguez Gacio, campioa paralímpica de tríatlon adaptado en Tokio 2020, e ao presidente de la Federación Española de Tríatlon, José Hidalgo. O rexedor explicou que na reunión se propuxo a posibilidade de que Vigo albergue unha proba do campionato do mundo de triatlón paralímpico, "que sexa puntuable para os Xogos Olímpicos de París 2024". Caballero mostrou o seu desexo de que sexa o último, "para que os deportistas veñan buscando lograr as marcas clasificatorias".
luns, 18 set 2023
Abel Caballero lembra que é puntuable dentro das carreiras populares de Run Run Vigo. Chama á participación cidadá nunha causa solidaria
venres, 15 set 2023
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou a disputa "dunha gran proba deportiva" este domingo no Vao, onde se celebrará o X Desafío Illas Cíes, que comeza ás 8:15 horas.
luns, 11 set 2023
Tres das catro vindeiras fins de semana servirán para discutir as e os vencedores do campionato que, do mesmo xeito que o ano pasado, repiten título ibérico, polo que competirán contra rivais portugueses. Conta co patrocinio do Concello de Vigo