O goberno local investiu preto de 800.000 euros no campo de fútbol de Bouzas nos últimos anos
O goberno local adicou nos últimos anos uns 800.000 euros no campo de fútbol de Bouzas. Á cuberta, que xa está instalada, hai que sumar a reforma dos vestiarios e a renovación do céspede.
O campo de fútbol Baltasar Pujales xa conta cunha nova cuberta instalada e as obras avanzan a bo ritmo, segundo comprobou esta mañá o alcalde de Vigo nunha visita na que estivo acompañado pola presidenta do club, Marisa Giráldez. Un investimento de 300.000 euros do Goberno local para unha obra que inclúe nova iluminación e renovación das canalizacións para a recollida de augas do campo. Tal e como explicou Caballero, o Concello reformou os vestiarios deste campo este ano e no 2019 renovouse o céspede por un importe superior aos 350.000 euros. Estamos a falar, por tanto, dun investimento que ronda os 800.000 euros, “cartos moi ben gastados porque o Rápido de Bouzas ten moita base, con escolas deportivas no que participan moitos mozos e mozas”, concluíu.