A ocupación media dos hoteis de Vigo elevouse ao 87% a pasada fin de semana
O Nadal de Vigo “bate récords” cunha ocupación hoteleira dun 87% de media na fin de semana do 3 e 4 de xaneiro. Caballero valorou estas cifras tendo en conta que tradicionalmente a ocupación nestas datas apenas se achegaría ao 10%.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reivindicou que o Nadal de Vigo continúa "batendo récords" cunha ocupación hostaleira media do 87% a pasada fin de semana, antes da celebración do Día de Reyes. O rexedor celebrou que o venres a cidade contabilizou un 89% de ocupación media, segundo as súas cifras, mentres que o sábado quedou no 85%. "Son cifras excepcionalmente altas", apostilou. Ao seu xuízo, isto xera "miles de empregos", non só nos hoteis, senón tamén nos restaurantes, cafeterías ou comercios de toda a cidade.