Escoitar

A cidade contará con 17 novos puntos limpos de proximidade

O alcalde explicou este xoves a instalación de novos equipamentos de recollida de residuos en seis parroquias e en 11 barrios da cidade co obxectivo de fomentar a reciclaxe.

xoves, 8 xan 2026
Punto limpo de proximidade da Praza de América
Punto limpo de proximidade da Praza de América

Abel Caballero explicou que os primeiros tres puntos limpos de proximidade instalados na cidade foron un “éxito” polo que o Goberno municipal continuará instalando máis: “Queremos que se recicle, que os residuos vaian a onde teñen que ir e esta é a mellor forma”, valorando a proximidade como unha vantaxe para que a cidadanía deposite os residuos domésticos menos voluminosos.

Os puntos de recollida permiten depositar 10 tipos de residuos: cables e adaptadores; enxoval de cociña (tixolas, porcelana); lámpadas LED; tóner, aerosois; CD/DVDs; cápsulas de café; máquinas de afeitar, cargadores e batedores; pilas, baterías e pequena chatarra.

A cidade contaba con tres puntos limpos, aos que se suman 17 novos, pasando a un total de 20, que estarán en 6 parroquias e en 11 barrios da cidade para incentivar a implicación da cidadanía na reciclaxe e para darlles maior visibilidade.

Os novos puntos limpos das parroquias estarán na contorna das asociacións de veciños de Cabral, Lavadores, Candeán, Valadares, Helios Bembrive e Beade. Ademais, haberá novos puntos limpos na Praza de Vialia, Praza de América, rotonda Gregorio Espino cruce C/ Estorniño, rúa Martínez Garrido altura Biblioteca, Avenida Castrelos rotonda Portanet, rotonda Centro Comercial Travesía Vigo, rotonda Hispanidade con rúa Pintor Colmeiro, rotonda rúa Redondela con rúa Baiona, avenida Galicia altura instituto Teis, Navia- Altura Pavillón deportes e Gran Vía-Baixada do Castaño. Súmanse aos que estaban operativos ata agora en Rosalía de Castro 71, Avenida de Camelias 125 e Martín Echegaray 30.

Descargar todas as imaxes