martes, 12 mar 2024
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou esta mañá a que este domingo (10:00 horas) será a terceira cita do circuíto Run Run Vigo, que quince días despois da proba do Calvario 5+5 dirixirá aos “runners” ao barrio de Teis, onde está prevista a quinta edición da chamada 10K de Teis.
venres, 8 mar 2024
Abel Caballero indicou que “fixa as liñas básicas de actuación de 2024 a 2027”. Na Xunta de Goberno tamén se aproba a adxudicación do servizo de mantemento e servizos auxiliares de Vigonature ata 2025.
luns, 4 mar 2024
O alcalde fixo entrega ao equipo Iberconsa AMFIV da bandeira de Vigo e desexoulles sorte na súa andadura na Eurocopa que se desenvolverá os próximos días en Italia. Abel Caballero manifestou "estar moi orgulloso" da participación do equipo de baloncesto en cadeira de rodas na competición europea.
luns, 4 mar 2024
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu o “bandeirazo” de saída ao Mini Cros Vigo, o programa municipal de apoio ao atletismo en idade escolar.
venres, 1 mar 2024
O alcalde mantivo esta mañá un encontro cos organizadores desta proba incluída dentro da circuíto Run Run Vigo que prevista para o domingo 3 de marzo. Caballero felicitou á asociación de veciños de O Calvario como promotores unha iniciativa que percorrerá o barrio con saída e chegada en Jenaro de la Fuente.
martes, 27 feb 2024
A atleta olívica logrou a clasificación para os Xogos Olímpicos de París 2024 coa vitoria no Campionato de España de Maratón, modalidade na que debutaba. Ester Navarrete venceu na proba cun tempo de 2:24.40; 130 segundos mellor que o esixido pola Federación Internacional para lograr clasificar á cita olímpica, que disputará na capital gala ás 8 da mañá do domingo 11 de agosto. Abel Caballero aproveitou para trasladarlle o seu "inmenso orgullo" e transmitirlle "toda a forza da cidade".
venres, 9 feb 2024
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente da Federación Española de Tríatlon, José Hidalgo, presentaron no Concello a dobre cita internacional, Copa do Mundo de tríatlon paralímpico e Copa de Europa de tríatlon, que se celebrará na cidade a fin de semana do 1 e 2 de xuño con Samil como epicentro e o patrocinio da administración municipal.
venres, 26 xan 2024
O alcalde presentou hoxe a Liga Concello de Vigo de natación escolar, unha das accións municipais complementarias ao programa municipal de escolas deportivas. Para Abel Caballero esta competición é “un proxecto deportivo importante, fantástico e vital”.
mércores, 27 dec 2023
A Xunta de Goberno Local vén de dar luz verde á resolución da convocatoria de axudas para deportistas de alto nivel de Vigo.
luns, 18 dec 2023
Abel Caballero deu conta dun aumento dun 25% do orzamento de deportes para 2024 que alcanzará os 18 millóns. Así o dixo durante a entrega de axudas a 28 deportistas de elite Sub-23 organizada este luns no Pavillón das Travesas.