venres, 6 feb 2026
O alcalde deu conta este venres de tres novas propostas na área de deportes para ser recoñecidos no mes de marzo como Vigueses Distinguidos.
venres, 6 feb 2026
A carreira partirá do Paseo das Avenidas (Montero Ríos) e finalizará na fortaleza do Castro, nun percorrido de tres quilómetros sempre en subida. As inscricións permanecen abertas.
xoves, 5 feb 2026
O rexedor puxo en valor a colaboración activa do Club Baloncesto Seis do Nadal, encargado da organización das actividades, así como o apoio da Federación Galega de Baloncesto. “Xa celebramos con grande éxito o Torneo Cidade de Vigo de Nadal, que funcionou perfectamente, e seguimos avanzando cun calendario que inclúe un torneo en Semana Santa, na primeira semana de abril; un campus específico de baloncesto 3x3, con data aínda por definir; o Campionato de Galicia sub-17, que se organizará en maio e no verán, o emblemático 3x3 de O Marisquiño”, detallou.
xoves, 5 feb 2026
Abel Caballero recordou que “tamén neste campo imos renovar os vestiarios co sistema modular”.
xoves, 29 xan 2026
O alcalde presentou esta mañá, xunto a membros do Seis do Nadal, a Liga Interna de Colexios na que participarán 150 rapaces e rapazas.
mércores, 28 xan 2026
A mellora do Verbum, a reforma da grada do estadio de fútbol de Samil, a Biblioteca de Teis e a renovación do aglomerado do entorno da rúa Brasil son as obras que comezarán ao longo do mes de febreiro. O orzamento destes proxectos supera os 2 millóns de euros.
luns, 19 xan 2026
A Gala de Atletismo recoñecerá un ano máis aos mellores e ás mellores deportistas desta modalidade durante 2025. Esta tarde, o alcalde participará na entrega de 89 distincións nun evento organizado no Auditorio Municipal.
mércores, 14 xan 2026
Xa está aberto o período de inscrición para participar na Liga municipal de Natación Escolar que arrancará próximo 25 de xaneiro. A organización prevé a participación de 600 nenos e nenas.
martes, 13 xan 2026
Abel Caballero presentou este martes, xunto aos responsables das 12 carreiras populares do programa municipal “Run-Run Vigo”, o calendario de 2026 que arrincará o 15 de febreiro coa proba “Subida ao Castro”. Adiantou que este ano serán nomeados “Vigueses e Viguesas Distinguidos” porque o programa “é un proxecto de éxito que xa calou na cidade”.
venres, 9 xan 2026
Teis contará cunha piscina máis grande, con máis salas e mellores instalacións unha vez rematadas as obras de rehabilitación integral que se elevan a 6,9 millóns. Hoxe deuse un novo avance nos traballos de remodelación coa contratación da asistencia técnica para o control das obras.