A Liga municipal de Natación Escolar contará con 30 centros de ensino e 600 participantes
Xa está aberto o período de inscrición para participar na Liga municipal de Natación Escolar que arrancará próximo 25 de xaneiro. A organización prevé a participación de 600 nenos e nenas.
O Concello e o Club Natación Rías Baixas cooperarán un ano máis na organización da Liga municipal de Natación Escolar. Tŕatase da undécima edición e a previsión é de que participen máis de 30 centros de ensino e uns 600 nenos e nenas. O prazo de inscrición xa está aberto para formar parte de tres xornadas de competición que se desenvolverán o 25 de xaneiro, o 8 de marzo ou o 10 de maio. Son competicións mixtas de 25 metros libres e 25 metros de costas contra reloxo.
A proba está organizada por categorías promesa (nados entre 2017 e 2020) e benxamíns (nados en 2014 a 2016). Na presentación participaron esta mañá Cristina Sánchez, Nina Rodríguez e Enrique Pérez, do Club Natación Rías Baixas.