O Concello xa aboou no mes de decembro a suba salarial dos empregados públicos
Vigo aboou aos empregados públicos municipais na nómina de decembro a suba salarial do 2,5% con carácter retroactivo desde o mes de xaneiro de 2025. O alcalde informou de que a contía ascende a 1.068.000 euros: “Tan pronto o Goberno de España aprobou o Decreto-lei o Concello pagou a todas e todos os empregados”. O persoal municipal percibirá na nómina de xaneiro a suba correspondente ao ano 2026, un 1,5% máis. Abel Caballero explicou que estas subas son iguais para todas as administracións públicas e son decisión do Goberno do Estado.