O Goberno local fomenta o asociacionismo con 475.000 euros para obras, mantemento, alugueiro e equipamentos
Abel Caballero explicou este mércores que en 2025 o Concello apoiou a 42 entidades veciñais e culturais sen ánimo de lucro con subvencións por valor de 457.000 euros, dentro do programa de apoio do asociacionismo para acometer obras, afrontar os gastos de mantemento e de alugueiro así como os de equipamentos.
“Estamos no apoio continuo ao asociacionismo de Vigo. Facemos un apoio moi importante desde o Concello para o asociacionismo en Vigo”, afirmou hoxe o alcalde destacar o programa con subvencións para axudar ás entidades veciñais e culturais sen ánimo de lucro para afrontar gastos de mantemento e investimentos, entre outros.
Caballero destacou que 21 asociacións recibiron 175.000 euros para realizar obras de melloras nas instalacións. O rexedor apuntou que co programa municipal de subvencións para o fomento do asociacionismo e participación cidadá reciben subvenciones entidades de todas as parroquias e barrios de Vigo.